Sítio na rede para denunciar o projecto de urbanizaçom que pretende borrar do mapa umha das poucas fragas de espécies autóctonas que há em Ferrol
correio-e: menancaro@gmail.com

terça-feira, novembro 15, 2005

Entre 1995 e o 2002

* 28/12/1995.- Un particular denuncia ante o Concello de Ferrol un vertedoiro de entullos mesturado con R. S.U. que afectaba á Carvalleira de Menáncaro.

* 11/01/1996.- Outro particular denuncia ante o Concello de Ferrol o vertedoiro de entullos que afectaba á Carvalleira de Menáncaro.

* 15/01/1996.- Un particular solicita ante o Concello de Ferrol que a superficie calificada coa Ordenanza 18 (Tolerancia Edificación Contiguo Núcleo Rural) na zona de Menáncaro se sustituira pola Ordenanza 22 (de conservación e protección) para que ficara preservada toda a masa caducifolia.

* 16/11/1999.- ADEGA (Trasáncos) formula alegacións á Revisión e Adaptación do PXOM ferrolán nas que solicita a protección da Carvalleira de Menáncaro (Serantes), sustituindo a calificación do Solo Rústico Apto Para Urbanizar tipo A por Solo Rústico de Protección de Cauce e Paisaxe Agraria; alegación que foi desestimada polo Concello.

* 05/10/2001.- Trala tala indiscriminada do bosque rípicola do Regato da Sardiña, ADEGA (Trasancos) solicita formalmente ante o Concello de Ferrol a protección da Fraga de Menáncaro, mediante unha figura de protección, para evitar a sua desaparición ante a pretensión de urbanizar os terreos. No escrito tamén se pide a protección das fragas de Monte Fontelo (A Graña), da Pega e da Casa do Monte (Leixa), así como o Acivreiral das Forxas-Covarradeiras (Covas).

* 26/02/2002.- ADEGA (Trasancos) formula denuncia ante o Concello de Ferrol contra uns vertidos de terra no lugar de Menáncaro (Serantes) que carecian de licencia municipal e afectaban pontualmente á carvalleira existente no citado lugar.

* 01/04/2002.- Aproveitando a celebración da Romaria de Chamorro na parroquia de Serantes (Ferrol), ADEGA (Trasancos) pendura de varios postes do suministro eléctrico -situados na confluencia do vial que conduce á Ermida de Chamorro coa estrada de Covas- unha pancarta co lema: "Proteción da Fraga de Menáncara, Non á Urbanización ", para reivindicar -unha vez máis a proteción desta fraga residual ameazada pola tala das suas árbores e a urbanización dos terreos. Asimesmo, repartense entre os/as romeiros/as máis de milcincocentos (1.500) panfletos informativos sobre o asunto.

* 06/05/2002.- Entregase no Rexistro Municipal de Ferrol un escrito no que se informa da vulneración da Resolución adoptada polo Concello de Ferrol o 1 de marzo do 2002, respeito ao recheo de terra e a construción da pista denunciados no lugar de Menáncara (Serantes), que obriga a repoñer a legalidade urbanística, devolvendo o perfil do terreo ao seu estado anterior. No escrito especificase que o citado recheo foi retirado parcialmente, máis non na sua totalidade; que a pista non foi eliminada e que o relevo do terreo non foi devolto ao seu estado natural.

* 24/09/2002.- ADEGA (Trasancos) formula denuncia ante o Concello de Ferrol pola tala pontual de Loureiros e Sabugueiros nunha das marxes do Rego de Aneiros; cauce tributario do Rio da Sardiña.

Nenhum comentário: