NON Á ESPECULACIÓN.
Conservemos a Carvalleira de Menáncaro.
A CARVALLEIRA DE MENÁNCARO é unha das poucas manchas de bosque autóctono que se conserva no concello de Ferrol, xunto coa Fraga de Monte Fontelo(A Graña), Fraga da Pega e da Casa do Monte(Leixa) e o aciveiral das Forxas(Covas). Un dos feitos que fai de Menáncaro unha carvalleira singular é a presencia de individuos centenarios de porte excepcional, base dun bosque maduro e de gran biodiversidade. Hoxe está en perigo pola inminente construcción dunha urbanización de chalets (as avantaxes nunca son para tod@s).
A pesar das reiteradas campañas de ADEGA-Trasancos e as alegacións realizadas pola SGHN e propietari@s afectad@s,e ignorando a riqueza destas manchas boscosas, a Administración local non só non se interesa na creación dalgunha forma de protección, senon que está disposta a permitir que a cultura do cemento e o feísmo arquitectónico destrúan un ben de incalculable valor natural, cultural e emocional.
Por todo isto cremos preciso manter e facer medrar este movemento de defensa dos bosques autóctonos e as formas de vida vencelladas a eles. Existen algunhas mostras exemplares de organización para a defensa da árbore e dos bosques autóctonos.
A continuación unha breve reseña:
O MOVEMENTO CHIPKO: as mulleres que apertan árbores. Chipko significa aperta nunha das numerosas linguas indias. E iso é o que facían na década dos `70 un grupo de mulleres do Himalaia para evitar a tala da selva virxe, base da súa estructura socio-económica e cultural. Na actualidade é un movemento amplo que busca a protección das masas boscosas autóctonas, así como modos de producción agrícola respetuosos co medio ambiente e un emprego comunitario e non exclusivamente madeireiro da selva. A auga é un ben común e non explotable.
PERMACULTURA, directamente relacionada co anterior parágrafo, resume o concepto dun ecosistema onde prantas, animais e humáns conviven en equilibrio simbiótico. Polo tanto defende o uso tradicional e non abusivo do bosque. Bill Mollison é un gran expoñente deste movemento.
O CINTO VERDE DE KENIA. Liderado pola recentemente galardoada Wangari Mathai é un movemento feminista que busca, non só a recuperación forestal do país, tamén a integración social e laboral das mulleres, a súa formación para dar pulo ó movemento, evitar a crecente emigración do rural cara o urbán, a recuperación de modos de producción agrícola tradicional e non agresiva co medio,...
BUTTERFLY subiu á secuoia Lúa, de 1800 anos, para evitar que as motoserras a botaran abaixo. Entre as súas polas pasaría os seguintes 738 días. Unha mostra individual, pero valiosa do chipko indio nos nosos días que serviría para concienciar á sociedade norteamericana sobre a necesidade da defensa dos bosques milenarios de secuoia vermella.
ASOCIACIÓN RIDIMOAS: Constitúese en 1989 a partir dunha experiencia no IESP de Ribadavia. A súa actividade céntrase en mercar parcelas de bosque e realizar sobre elas tarefas de recuperación de flora, fauna e solo.
Máis información en:
http://www.adegagaliza.org
adega_trasancos@eresmas.com
Tlf. 616 039 268
http://www.ospicosdosol.org
sexta-feira, novembro 25, 2005
Non á especulación
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário