Sítio na rede para denunciar o projecto de urbanizaçom que pretende borrar do mapa umha das poucas fragas de espécies autóctonas que há em Ferrol
correio-e: menancaro@gmail.com

quarta-feira, junho 21, 2006

Diante das últimas declaracións da concellería de urbanismo de Ferrol

O pasado Sábado, día 17 de Xuño, a Concellería de Urbanismo, nunhas declaracións recollidas ao día seguinte polos medios de comunicación, nun intento de lavar-se as mans, declara que non é a súa responsabilidade facer un novo planeamento urbanístico de Menáncaro.

Non está falta de razón cando fai tal afirmación dita concellería, mais non por isso, pode eludir as súas responsabilidades en todo este proceso, pois é público que o propio concelleiro de urbanismo, o Sr. Pita Romero, foi quen abandeirou con moitas enerxías, o plano urbanístico para a zona de Menáncaro.

Mais a cousa non queda aí, pois foi desde a citada concellería e en roda de prensa do mesmo concelleiro [*], a raíz do informe desfavorable da administración autonómica, ao plano de sectorialización de Menáncaro-Serantes, através da Dirección Xeral de Urbanismo [07.02.2006], dixo un monton de despropositos e o que é máis importante, anunciou accións concretas contra tal informe: posibles acción legais, ... e un novo informe dos servicios técnicos da propia concellaría.

Polo de agora non sabemos que actuacións levou adiante a concellaría de urbanismo, nen que foi o que dixeron os técnicos municipais no anunciado informe, mais pensamos que a cidadanía merece unha explicación por parte dos responsables municipais de urbanismo.

Desde a Comunidade Menáncaro non imos permitir que por puro negocio e especulación urbanística, se pretenda unha agresión tan grande contra o medio natural, contra un dos poucos bosques autóctonos que quedan em Ferrol.

Polo que seguimos esixindo aos responsables municipais que recalifiquen a zona de Menáncaro como solo rústico e que a Fraga de Menáncaro sexa declarada un espazo natural protexido.

Ferrol, a 20 de Xuño de 2006


Nota.-
[*] Roda de prensa de Pita Romero, celebrada o 14 de Febreiro deste ano, que recolleron a maioria dos medios de comunicación e que se pode consultar no sitio web do propio Concello de Ferrol.

Nenhum comentário: