Sítio na rede para denunciar o projecto de urbanizaçom que pretende borrar do mapa umha das poucas fragas de espécies autóctonas que há em Ferrol
correio-e: menancaro@gmail.com

quarta-feira, outubro 25, 2006

O BNG considera que Juncal pretendía aprobar a urbanización de Menáncaro sen permiso de Medio Ambiente.

---------- Forwarded message ----------
From: BNG <bng@ferrol-concello.es>
Date: 25/10/2006 14:16
Subject: RV: NOTA DE PRENSA
To: menancaro@gmail.com

NOTA DE PRENSA

O BNG considera que Juncal pretendía aprobar a urbanización de Menáncaro sen permiso de Medio Ambiente.

O BNG considera que o Goberno Local, presidido por Juan Juncal, pretendía aprobrar a urbanización de Menáncaro sen contar co informe favorábel da Conselleria de Medio Ambiente. A inclusión na orde do día do Pleno Ordinario do mes de setembro (Posteriormente retirada) demostra a intencionalidade do alcalde de continuar adiante cun proxecto que incumpre en múltiples aspectos a legalidade vixente e ao que lle faltan numerosos trámites e informes na súa tramitación.

O goberno Local tramitou este proxecto de construcción de vivendas unifamiliares e un hotel, nuns terreos de alto valor ecolóxico e onde o primeiro tenente de Alcalde, Juan Fernández, é propietario da maior parte dos terreos nos que se previa acometer este Plan de Sectorización.

En concreto e ainda que o proxecto no afecta a nengun espazo natural protexido no seu ambito de actuación atopase unha importante masa vexetal (Carballeira, Comunidades ripícolas, Bosque de Ribeira) e en canto a fauna existente resalta a presenza de seis especies que requiren dunha protección estrita, segundo Directivas Comunitarias. Asi mesmo, nesta zona se atopan inventariadas, na zona de estudo, catro especies de interese comunitario
para as que é necesario designar zonas especiais de conservación.

Polo tanto e á vista de que a natureza das accións a desenvolver supón a destrucción da cuberta vexetal a través das operacións previas de despexe e desbroce, e como isto supón un impacto directo e puntual que afectará a aquelas especies que se atopen e/ou realicen os seus ciclos vitais na zona onde se proxecta a urbanización é necesario someter o plan de sectorización ao trámite de avaliación ambiental.

Trámites pendentes por realizar.

Como indicamos, ademais da inexistencia do estudo de avaliación ambiental, o Goberno de Juan Juncal, tramitou este plano sen apresentar un estudo detallado da fauna existnte na zona e unha análise das afeccións que repercutirian sobre estas. Ademais deberá apresentar as medidas protectoras para integrar dentro do proxecto aqueles habitats potencialmente a protexer.

Asemade, o Concello deberá apresentar un estudo que permita coñecer o grado de aceptación ou repulsa social da actividade precista, asi como as implicacións económicas dos seus efectos ambientais.

Unha vez superados os trámites anteriores o proxecto de sectorización ainda deberá ser remitido para consultas pola:

Dirección Xeral de Conservación da Natureza para que estude a compatibilidade do proxecto coa protección de habitats naturais e coa conservación das comunidades vexetais e animais.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, respeito da afeccións do proxecto ao patrimonio e proposta de medidas protectoras ou correctoras.

Augas de Galiza, no que respecta a potencial afección a cursos fluviais, sistemas de drenaxe e tratamento de augas, proposta de medidas protectoras e/ou correctoras, asi como o plano de vixiancia.

Asi mesmo o Concello deberá emitir informe en relación as súas competencias en materia ambiental.

Esta información ven a corroborar as nosas sospeitas de que o secretismo político e a celeridade coa que o Goberno Local pretendeu tramitar e aprobar este plano de sectorización, obedecian a que unha clara intencionalidade de aprobar un proxecto que ten numerosas eivas urbanísticas.

Ferrol a 25 de outubro de 2006
Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol

Nenhum comentário: