EU-IU de Ferrol quere informar publicamente que, no día de hoxe, obtivo reposta da Delegación Provincial da Coruña de Medio Ambiente respecto ao escrito que esta organización política remitiu o pasado día 14 de novembro e no que se poñía no seu coñecemento do proxecto de urbanización na zona de Menáncaro na parroquia de Serantes.
No dito escrito de resposta infórmase que o Distrito Ambiental de Ferrol remitiu un informe ao Servizo de Conservación da Natureza no que se indican as características singulares da paraxe de Menáncaro.
Ao mesmo tempo, e segundo a reposta da Delegación Provincial de Medio Ambiente, o dito informe foi trasladado, así como o escrito de EU-IU de Ferrol, ao Servizo de Montes da Consellería de Medio Rural e ao organismo Augas de Galicia, órganos coas competencias para autorizar a tala de especies arbóreas, para que tomen, se é o caso, as medidas oportunas.
Dende EU-IU saudamos a premura na resposta á nosa petición e o seguimento que dende a Xunta de Galicia se lle fará ao devandito proxecto de urbanización. Ademais queremos seguir animando a tódolos colectivos que están a reivindicar a preservación dunha das últimas fragas do noso concello.
Ferrol, a 27 de decembro de 2005
EU-IU Ferrol
sábado, janeiro 14, 2006
Resposta da Delegación Provincial da Corunha de Medio Ambiente a EU de Ferrol
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário