A ATENCIÓN DA A DIRECCIÓN XERAL DE URBANISMO
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Ramón REGUEIRO SANTIAGO, con DNI 32591787-M, e enderezo a efectos de notificación no Lugar de Quiá, 180 -Fraga de Menáncaro-, Serantes-Ferrol [15405], no nome propio e en representación da Comunidade Menáncaro, organismo de participación cidadán para a defensa da Fraga de Menáncaro comparece e DI:
Que o pasado 14 de Febreiro deste ano 2007, presentamos un escrito no rexistro do Edificio Administrativo que ten a Xunta de Galicia en Ferrol, onde despois dunha amplia exposición de como está a situación en referencia á Fraga de Menáncaro e o Plano de Sectorización que a pretende anular como espazo natural de grande valor ecolóxico, alertabamos, da intención do Xunta de Goberno Municipal do Concello de Ferrol de aprobar o citado Plano, alegando SILENCIO ADMINISTRATIVO. Polo que, diante da situación, solicitavamos que actuaran e resolveran en consecuencia, antes de que se consumaran os feitos, advertindo ao Concello do impropio e ilegal da súa actuación e ao mesmo tempo solicitabamos que tiveran a ben concedernos unha entrevista. Tamén achegabamos unha serie de documentación referente aos informes dos técnicos municipais, empresa promotora e secretaría do Concello de Ferrol.
Que o pasado 13 de Abril a Comisión Municipal de Urbanismo, a proposta do Concelleiro Delegado, acordou dar por aprobado presunta e definitivamente o Plano de Sectorización Menáncaro-Serantes alegando Silencio Administrativo, por entender que o Informe preceptivo desa Dirección Xeral de Urbanismo, desfavorabel ao citado Planeamento Urbanístico, foi remitido ao Concello fora de prazo. Acordando levar o asunto a un Pleno.
Que reiteramos, outra vez, que unha vez que o primeiro Informe preceptivo desa Dirección Xeral de Urbanismo foi desfavorábel ao proxecto urbanístico, a empresa promotora citada, presentou, en Abril de 2006, un novo planeamento modificado, informado favorabelmente polos ténicos municipais, mais o concello non cumpliu co disposto na lexislación vixente de sometelo a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio, incumprindo co establecido no artigo 86 da Lei 9/2002 de 30 de decembro de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Que ao noso entender o Concello non pode alegar silencio administrativo, sen ter en conta o Informe [REX. Nº 037435 e data 01.12.2006], desa D. X. de Urbanismo, DESFAVORÁBEL AO PLANO DE SECTORIZACIÓN, pois considerámolo vinculante e preceptivo, como así dispón a lexislación vixente no artigo 86.1.d) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección de medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004. Polo que consideramos que non se pode aplicar silencio administrativo, pola excepción clara que se indica no Artigo 90.3 da Lei 9/2002 que non foi modificado pola 15/2004 na sua nova redacción. Este artigo establece “que non se aplicará o silencio administrativo estimatorio cando os plans ou instrumentos contuviesen determinacións contrarias á Lei, aos plans de superior xerarquía ou ás directrices de ordenación do territorio de Galiza”. E na propia resolución desa Dirección Xeral faise mención expresa a que o Plano de Sectorización Menáncaro-Serantes non se axusta ao PXOM, que incumple a Lei do Solo e que non respecta as áreas de protección do contorno do río Aneiros e das masas de caducifolias.
Que o pasado 14 de Abril, entrevistámonos e entregámoslle unha carta ao Presidente da Xunta de Galicia informándolle desta situación e solicitándolle que fixera todo o posíbel para paralizar este atentado ecolóxico, pois consideramos que a Fraga de Menáncaro é merecedora de normas protectoras específicas, dado o seu interese natural, didáctico, científico, cultural, paisaxístico e ecolóxico do conxunto do habitat natural e dalgunhas das árbores e especimes da flora existentes no lugar, xa que constitúe un patrimonio natural e cultural valioso, de interese público, e unha das escasísimas e reducidísimas mostras de bosque autóctono existentes en Ferrol, irrecuperábel no caso da súa destrución ou desaparición.
Que a última hora da mañá de hoxe, informaron que o Plano de Sectorización vai ser un ponto a tratar nun Pleno Municipal Extraordinario o vindeiro venres, 20 de abril, ás 9 da mañá, para que o “Pleno da Corporación se pronuncie sobre a aprobación definitiva por silencio administrativo positivo”.
Polo EXPOSTO,
SOLICITA, que teñan a ben admitir este escrito coa documentación que achegamos e mais abaixo relacionamos, que actuen, en consecuencia antes de que se consumen os feitos, advertindo ao Concello do impropio e ilegal da súa actuación .
Agardando unha rápida e positiva actuación e resposta ao solicitado, depide-se atentamente, en Ferrol a 17 de abril de 2007.
Asinado no nome propio e da Comunidade Menáncaro.
Ramón Regueiro Santiago
DNI 32591787-M
Lugar de Quiá, 180
Serantes-Ferrol [15405]
Telefono.: 981327494
Telemóbel: 630287900
correio-e:
menancaro@gmail.com
Blog da Comunidade Menáncaro:
http://menancaro.blogspot.com
Blog Menáncaro Formación Senlleira:
http://fragademenancaro.blogspot.com/
Relación da documentación que se achega:
1.- Informe do Arquitecto Municipal de Planeamento e Xestión, con data do 2 de febreiro de 2007.
2.- Informe do Secretario Xeral do Concello de Ferrol, denominado “Informe Plan de Sectorización de Menáncara”, con data do 30 de marzo de 2007. [Sete follas]
quarta-feira, abril 18, 2007
Escrito que enviamos à Dirección Xeral de Urbanismo, diante da pretensom do Concelho de Ferrol de aprovar alegando silêncio administrativo
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário