Sítio na rede para denunciar o projecto de urbanizaçom que pretende borrar do mapa umha das poucas fragas de espécies autóctonas que há em Ferrol
correio-e: menancaro@gmail.com

sexta-feira, setembro 08, 2006

Diante da decisión do Concello de Ferrol de solicitar a inclusión da Fraga de Menáncaro no Catálogo Galego de Árbores e Formacións Senlleiras


Nota de prensa.-

As persoas que formamos parte da Comunidade Menáncaro, aledamo-nos da decisión do Governo Municipal, de solicitar que a Fraga de Menáncaro forme parte do Catálogo Galego de Árvores e Formacións Senlleiras. Non podía ser menos pola nosa banda, dado que a conservación e proteción da Carvalleira de Menáncaro, e todo o seu contorno, é un dos nosos obxectivos.

A nosa Comunidade tamén ten feito as alegacións oportunas ao o Proxecto normativo que regulará o Catálogo galego de árbores e formacións senlleiras, sometido a información e audiencia pública, mediante a Resolución do 11 de Xullo de 2006, desa Dirección Xeral [publicado no DOG nº 143 do 26 de Xullo de 2006]. Para que incluan a Fraga de Menáncaro no ANEXO II do Proxecto, onde se relacionan as Formacións Senlleiras. Pois consideramos o lugar merecedor de normas protectoras específicas, dado o seu interese natural, didáctico, científico, cultural, paisaxístico e ecolóxico do conxunto do habitat natural e dalgunhas das árbores e espécimes da flora existentes na Fraga, xa que constitúe un patrimonio natural e cultural valioso, de interese público, e unha das escasísimas e reducidísimas mostras de bosque autóctono existentes no Concello de Ferrol, irrecuperábel no caso da súa destrución ou desaparición.

A actitude do Governo Municipal parece-nos positiva, mas non suficiente, pois sobre a Fraga de Menáncaro, segue habendo unha importante ameaza especulativa, o Plano sectorial que pretende a construcción de Chalets na zona,polo que instamos aos responsabeis do Concello de Ferrol a que paralicen dito proxecto urbanizador e recalifiquen a Fraga como zona rustíca e comecen os trámites diannte da Xunta de Galicia para solicitar a zona como Espazo Natural Protexido.

En Ferrol a 1 de Setembro de 2006

Asinado por:
Ramón Regueiro Santiago DNI 32591787-M Lugar de Quiá, 180 Serantes-Ferrol [15405]

A Comunidade Menáncaro é un organismo de participación cidadán integrado polas entidades: Asociación Cultural Os Picos do Sol, ADEGA - Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, SGHN - Sociedade Galega de Historia Natural, Fundaçom Artábria e o Colectivo Veciñal de Menáncaro.

correio-e: menancaro@gmail.com

Blog da Comunidade Menáncaro
http://menancaro.blogspot.com


Blog das Alegacións apresentadas pola Comunidade Menáncaro
http://fragademenancaro.blogspot.com

Nenhum comentário: