Sítio na rede para denunciar o projecto de urbanizaçom que pretende borrar do mapa umha das poucas fragas de espécies autóctonas que há em Ferrol
correio-e: menancaro@gmail.com

sexta-feira, setembro 29, 2006

Notícia de hoje no Diario de Ferrol [29.09.2006]

Retírase da orde do día a aprobación do plan sectorial de Menáncaro.

Malia que na orde do día figuraba a aprobación definitiva do plan de sectorización de Menáncaro, esta, finalmente, foi retirada. A razón da súa inclusión inicial, pola que se interesou o portavoz do BNG, Xaime Belo, foi un simple erro administrativo. Así o asegurou o concelleiro delegado de Urbanismo, Guillermo Evia, que indicou a este diario que está pendente da recepción dun informe por parte da Dirección Xeral de Urbanismo ­existe un primeiro dictame desfavorable­ e que, ademais, o plan aínda non foi informado á comisión do área ­condición necesaria para que calquera expediente poida ser sometido a votación do pleno­.

Aínda que o tema non foi tratado e únicamente formulouse a pregunta por parte de Bello ­contestada primeiro polo alcalde e posteriormente por Evia­, o primeiro tenente de alcalde e portavoz de IF, Juan Fernández, decidiu abandonar o salón de plenos, alegando que lle afectaba directamente.

Como se recordará, a Comunidade Menáncaro, que se opón á execución do proxecto, consistente na construción de perto de 70 chalés de luxo e un hotel neste lugar de Serantes, relacionou a Juan Fernández coa titularidad de boa parte dos terreos obxecto da intervención prevista.

Afectados.

Precisamente representantes desta actuación, como veñen facendo en cada sesión, acudiron ao pleno para interesarse polo plano sectorial. Ao término da mesma, aseguraron mostrarse sorprendid@s.

Juan Fernández, cando se ían a explicar as razóns polas que se retiraba o punto da orde do día, levantouse e foise sen dar explicacións, criticaron, á vez que afirmaron que aínda encima, insultounos.

Notícia tirada do Diario de Ferrol
[Entrar]

Nenhum comentário: