Sítio na rede para denunciar o projecto de urbanizaçom que pretende borrar do mapa umha das poucas fragas de espécies autóctonas que há em Ferrol
correio-e: menancaro@gmail.com

quarta-feira, setembro 02, 2009

Talaron unha parte do bosque de ribeira en Menáncaro

  • A Fraga de Menáncaro de novo ameazada
  • Talaron unha parte do bosque de ribeira en Menáncaro
  • Máis de 400 m2 de superficie fechada de exemplares novos de bidueiros e ameneiros foi arrasada

O pasado Luns 1 de Setembro, unha cuadrilla dunha suposta subcontrata de Unión Fenosa, con 3 motoserras e dúas desbrozadoras, foi sorprendida pola veciñanza do lugar talando unha zona do bosque de ribeira na Fraga de Menáncaro que está nunha situación de protección provisional mentres non se aproba definitivamente a modificación do PXOM, para a creación do "Eixo Verde".

Membros da Comunidade Menáncaro, paralizaron a tala, da suposta subcontrata de Unión Fenosa, cando xa estaba destruída unha parte importante do bosque de exemplares novos de bidueiros e ameneiros [1]. A Comunidade Menáncaro, inmediatamente chamou ao responsábel da Planificación do Eixo Verde -o concelleiro Angel Mato-, a Medio Ambiente, á Policia Local e ás organizacións ecoloxistas. Ao lugar desprazou-se a sección de Medio Ambiente da Policia Local, que solicitou licenza para a tala e a célula de identificación, cousa que a empresa subcontratista, non tiña e mesmo se negou a identificar, negando-se a informar de cal era a razón social da mesma, pois a furgoneta branca na que se desplazan estaba sen identificar. As persoas que formaban a cuadrilla forestal manifestaron que recibían ordes directas da delegación territorial de Unión Fenosa en Ferrol. A Policia Local convidou-lles a paralizar a tala e avandoar o lugar, levantando acta do acontecido.

Queremos entender que a cuadrilla forestal atendía ordes de Unión Fenosa para talar debaixo da Liña de Alta Tensión que atravesa a Fraga de Menáncaro. A normativa xeral a aplicar contempla uns metros a cada lado da linea, segundo unha fórmula [1,5 + U (Tensión nominal en kV. da línea superior)/100 metros] que establece a lexislación en vigor [2] deixando un corredor duns metros de ancho, o que ven supor, aproximadamente, talar uns 600 m2 do bosque de ribeira e uns 1600 m2 da carballeira. O que non conseguiu a inmobiliaria e cia en cinco anos o ía facer, supostamente, Unión Fenosa en pouco máis dun par de xornadas. Sen permisos nen licenza de nengún tipo e nunha zona que tanto nos constou que se protexera.

Ante esta situación, membros da Comunidade Menáncaro, de ADEGA e VERDEGAIA, mantiveron unha reunión co concelleiro Angel Mato, no día de onte, onde se analizou a situación e se nos garantizou que por parte do Concello non se autorizou nengunha tala e que se ía chegar ao fondo do asunto. Por outra banda tamén se garantizou de que non se ía autorizar nenguna intervención dese tipo e que se mantiña a protección de toda a Zona.

No caso de que en aplicación da lexislación vixente se tivera que habilitar unha zona de protección da liña definida pola zona de servidume de voo, incrementada por unha determinada distancia de seguridade a ambos os dous lados da mesma, tería que buscar-se unha solución de soterramento da linea ou desviación da mesma. O que non ten sentido é que unha lexislación en vigor desde 1968, aínda que derogada en 2008, -vai seguir vixente até setembro de 2010-, se intente aplicar agora pola brava e sen permisos, despois de ter pasado tantos anos sen facé-lo.

Desde a Comunidade Menáncaro instamos ao Concello de Ferrol a que defenda a Fraga de Menánaco desta nova ameaza e acelere o máximo que se poida todos os trámites e estudos necesarios para a recualificación do PXOM, para a protección definitiva e total da Fraga de Menáncaro como espazo protexido.

Pola Comunidade Menáncaro
Ramón REGUEIRO SANTIAGO, con DNI 32591787-M
COMUNIDADE MENÁNCARO
Fraga de Menáncaro
Serantes - Quia 155
15405 Ferrol [GALIZA]
Blogs da Comunidade Menáncaro:
http://menancaro.blogspot.com/
http://fragademenancaro.blogspot.com/
http://menancaroexpress.blogspot.com/
Correio-e da Comunidade Menáncaro:
menancaro@gmail.com

Nota.-

[1] Hai que ter en conta que os exemplares do bosque de ribeira do Río Aneiros que pasa pola Fraga, xa fora obxecto dunha tala case total no 2001. Onde mediou unha denuncia e a abertura dun expediente sancionador contra un dos propietarios maioritarios actuais e socio ao 50% do concelleiro Juan Fernández, Amando Romero Castrillón propietario da empresa SAT Agropino.

[2] Ver asunto sobre lexislación nos Arquivos Ártabros: Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias

Video da zona talada, no bosque de ribeira na Fraga de Menáncaro, o 1 de Setembro de 2009







http://www.youtube.com/watch?v=iXJ2BzZi6R8

Relacionada:

O "Grande Anel Verde", do Concelho de Ferrol incluirá a "Fraga de Menáncaro", segundo o Concelheiro de Urbanismo
___________________
--> Leer más...

domingo, agosto 23, 2009

Menáncaro

Por Yolanda Díaz
22.08.2009

Menáncaro non ten quen lle escriba. E a escritura é a maneira adecuada de amosar interese real en salvagardar a súa fraga, a fraga de todos nós. Na escritura atópase a chave da protección de Menáncaro. As verbas voan e os papeis aprobados permanecen. Mais semella que ninguén do Goberno Municipal sabe escribirlle a Menáncaro o que é de xustiza. Levamos xa consumido a metade do actual mandato municipal sen que os responsables de urbanismo e o alcalde elaboren o escrito xusto e necesario; escrito que debe contemplar a modificación puntual do plan para deste xeito impedir definitivamente que se poida especular e facer negocio contra o valor desa fraga. A elección é ben simple, ou cementar para beneficio duns poucos, ou pola contra apostar pola conservación da carballeira, dos ameneiros, do prado húmido, todo en beneficio da colectividade. Elección que non debería suscitar dúbidas no Goberno Municipal, que nembargantes vai deixando morrer o tempo, alongando o impasse sobre o espazo. Esquerda Unida segue a facer de Menáncaro unha esixencia indeclinable, ao punto de incorporar este compromiso no acordo asinado para apoiar os orzamentos de 2009. Por isto reclamamos do Goberno que sexa dilixente e cumpridor, que deixe de amolar con desculpas e que elabore xa a modificación puntual do plan, proceso que non necesita máis de tres meses, e que neste outono as árbores celebren a cerimonia da natureza protexidas polas letras da cidade.

Yolanda Díaz é voceira do grupo municipal de EU

Publicado no Diario de Ferrol
__________________________
--> Leer más...

quarta-feira, agosto 19, 2009

Demandam do Governo Municipal que dê os passos definitivos para a proteçom da Fraga de Menáncaro

INFORMACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA

Ferrol, 19 de agosto de 2009
  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA AMOSA A SÚA PREOCUPACIÓN POLO RETRASO E DESINTERESE QUE MANIFESTA O GOBERNO MUNICIPAL PARA PROTEXER MENÁNCARO
  • YOLANDA DÍAZ INSTA AO GOBERNO MUNICIPAL A FACER EFECTIVA A MODIFICACIÓN PUNTUAL PARA GARANTIR A MÁXIMA PROTECCIÓN Á FRAGA DE MENÁNCARO
Esquerda Unida lamenta a tardanza do Goberno Municipal para facer efectiva a clásula recollida no acordo sobre os orzamentos do concello de Ferrol para 2009, que contén a condición de acadar a protección efectiva da fraga de Menáncaro, mediante a modificación puntual, proposta incorporada a instancia do Grupo Municipal de Esquerda Unida.

Mediado o mandato municipal, a nosa organización non entende a falla de ritmo e de vontade política que trasluce o Goberno para impulsar os trámites necesarios para facer realidade a protección de Menáncaro. Desleixo e desinterese semellan presidir o non facer do Goberno Municipal no que atinxe a Menáncaro.

A Voceira do Grupo Municipal de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, subliñou que non pode ser que unha modificación puntual que debe realizarse en tres meses acumule un retraso de case dous anos. A masa forestal situada no val de Aneiros ou da Sardiña, coñecida como fraga de Menáncaro, ten unha singularidade certa para o noso concello polo valor das carballeiras que acubilla, o seren unha especie pouco presente no noso termo municipal. A nosa organización entende que hai que acelerar os traballos que lle corresponden o concello para achegar a tan esperada protección.

Aínda no Pleno de novembro do ano pasado, o Goberno Municipal voltou a esquivar a cuestión e trouxo a elaboración dun estudo e a suspensión de licenzas de urbanización nun área que xa deixaba fóra a zona das Regueiras. Esquerda Unida subliñou entón que a fórmula boa, a que garante que a fraga de Menáncaro quede a salvo de calquera ataque urbanístico é a da aprobación da modificación puntual, a cal o Goberno demora sine die.

Esquerda Unida considera que o reforzamento da protección de Menáncaro cobra unha particular urxencia diante do cambio de Goberno na Xunta, cun Goberno que defende unha política marcada pola flexibilización ou aceptación do todo vale en materia de urbanización, como xa están a evidenciar as primeiras medidas adoptadas nese eido.

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
19 de agosto de 2009 13:53

Prezad@s amig@s: vaivos no arquivo un informacións de EU demandando a modificación puntual para a fraga de Menáncaro. Grazas pola vosa atención.
Saúdos, Ramiro Marier

_____________

Blogs da Comunidade Menáncaro:
http://menancaro.blogspot.com/
http://fragademenancaro.blogspot.com/
http://menancaroexpress.blogspot.com/

Correio-e da Comunidade Menáncaro:

menancaro@gmail.com

_________________
--> Leer más...

quarta-feira, novembro 26, 2008

O "Grande Anel Verde", do Concelho de Ferrol incluirá a "Fraga de Menáncaro", segundo o Concelheiro de Urbanismo

A Comunidade Menáncaro e as organizaçons ecologistas venhen mantendo contactos com a Concelheria de Urbanismo desde há tempo e de forma periódica, num exercicio de controlo democrático da marcha da ejecución dos acordos plenários e compromissos eleitorais e de governo, referidos a proteger a Fraga de Menáncaro das mans especuladoras e conservá-la como espaço natural de alto valor ecológico e pasagístico. A passada Quinta-Feira, 19 de Novembro foi a última reuniom mantida, onde se informou dos passos que se ían a dar, de propor o estudo para a limitaçom dum espaço protegido e a conseguinte modificaçom do PXOM [Plano Xeral de Ordenación Municipa]. Hoxe sae no médios a notícia, polo que pola importáncia da mesma, a transcribimos a continuaçom.

Menáncaro, carvalho centenário [Miguel Angel Fernández]

O Concello de Ferrol propón unha zona verde de 110.000 metros cadrados na fraga que PP e IF querían urbanizar

O BNG xa votou a favor do proxecto na Comisión de Urbanismo, pero o PSDEG necesita de máis apoios para sacalo adiante no pleno

FERROL, 25 Nov. (EUROPA PRESS) -

O goberno local de Ferrol, presidido en minoría polo PSDEG, levará ao pleno municipal a paralización durante un ano da concesión de licenzas de parcelamiento, edificación e derriba nun área de 110.000 metros na contorna da Fraga de Menáncaro, como paso previo á modificación do plan urbanístico para preservar a zona e crear un "gran anel verde".

O PSdeG levou á Comisión de Urbanismo de hoxe a paralización da concesión de licenzas e o estudo sobre o ámbito urbanístico dun "eixo verde" que se estenderá desde a ensenada da Malata ata o Val de Mandiá, con ramificacións cara aos lugares da Bailadora e de Pazos, seguindo o río Sardiña, un das últimas contornas fluviais respectados polo crecemento urbanístico.

A Fraga de Menáncaro, que se incluirá no "anel verde" anunciado hoxe polo concelleiro de Urbanismo, Anxo Mato, converteuse nun dos principais conflitos cidadáns para a anterior coalición municipal formada por PP e Independentes por Ferrol. O seu proxecto de urbanización da zona con 80 chalés e un hotel de luxo provocou airadas protestas veciñais e foi finalmente anulado en agosto de 2007, tras as eleccións municipais e a vitoria dos socialistas, polos votos do PSOE, de EU e do BNG.

O valor da fraga está avalado por informes da Consellería de Medio Ambiente e da Dirección Xeral de Patrimonio, que constatan a presenza de ata 12 especies en perigo de extinción -sobre todo anfibios e réptiles-, de aves como falcóns peregrinos, de carballos e castiñeiros centenarios, e de elementos patrimoniais como muíños e mámoas ou castros en vías de catalogación.

NECESIDADE DE APOIOS

A suspensión de licenzas durante un ano e a aprobación do estudo sobre o "eixo verde" foron votados a favor na Comisión de Urbanismo polo PSOE e o BNG. Os outros tres grupos políticos, PP, EU e IF, reserváronse para o pleno. Os socialistas precisarán o apoio dalgunha destas formacións ante a súa situación en minoría, con nove concelleiros de 25, que non liquida o apoio dos nacionalistas, con só dous edís.

Os dous puntos serán abordados no pleno municipal desta semana, como paso previo á modificación puntual do Plan Urbanístico para a zona e a súa adaptación á Lei do Só de Galicia. Anxo Mato fixa o prazo de 12 meses para concretar, co visto e prace da Consellería de Política Territorial, uns cambios que permitirán crear "espazos públicos de esparexemento e lecer" con rutas peonís ou para bicicletas, similares aos que existen nas contornas fluviais de Ourense ou Lugo.

O goberno local confía en dispor de investimentos procedentes do Ministerio de Medio Ambiente ou da Unión Europea, para avanzar nun proxecto de "urbanismo compatible coa preservación da contorna" co que se aproveitará a "oportunidade" que para a Administración supón o chegar a tempo de evitar un prexuízo que sería irreparable", segundo afirmou Anxo Mato.

O Concello encargará tamén unha valoración sobre as indemnizacións ás que terá que facer fronte debida ao cambio de cualificación puntual do chan. En todo caso, Mato sostén que, como na contorna da Fraga de Menáncaro "a propiedade do chan non vai cambiar", a Administración local tan só tería que facerse cargo dos traballos técnicos realizados no proxecto de urbanización.

Enlace coa noticia orixinal
______________

Blogs da Comunidade Menáncaro:
http://menancaro.blogspot.com/
http://fragademenancaro.blogspot.com/
http://menancaroexpress.blogspot.com/
Correio-e da Comunidade Menáncaro:
menancaro@gmail.com
______________
--> Leer más...

quarta-feira, janeiro 30, 2008

Outra volta na Defensa da Fraga de Menáncaro

A Comunidade Menáncaro e as organizaçons ecologistas ADEGA, SGHN e VERDEGAIA, mantivémos umha reuniom o passado 17 de Janeiro, nos locais da delegaçom ferrolám da SGHN, para analisar a situaçom na que está o processo para a proteçom definitiva da Fraga de Menáncaro.

As organizaçons ecologistas e a Comunidade, venhem mantendo reunions de seguimento, entre elas e também co Concelheiro de Urbanismo, Sr. Mato.

A reuniom de mais calado, foi no mês de Julho do passado ano, onde participou o Alcalde, Sr Irisarri e vários concelheiros. Reuniom onde os representantes do Governo Municipal formulárom o seu plano de actuaçom, despois de que a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, através da DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓn AMBIENTAL [11.06.2007] e da DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE [06.07.2007], requerira ao Concelho, no praço dum mês desde a última notificación, a anular ou revogar o acordo de aprobaçon definitiva adoptado na sessom plenária extraordinária do 20 de abril de 2007. Cousa que ocurreu, por acordo plenario, o dia 3 de agosto de 2007, onde se aprovou a "proposta de iniciación do expediente de revison de ofício do acordo citado de data 20 de abril de 2007", para a sua anulaçom. Por motivos de índole administrativo o Concelho deixou transcurrir o praço máximo de três meses, para elevar ao "Consello Consultivo de Galicia" a proposta citada, polo que nom lhe queda mais remédio que iniciar de novo o procedimento, comezando pola convocatória dum pleno extraordinário, cousa que até agora nom se fixo.

No requerimento da DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE, do 6 de Julho de 2007, na sua parte final, manifestava que o citado requerimento ten carácter de "dilixencia preliminar á presentación dun recurso contencioso-administrativo entre dúas administracións públicas, segundo dispón o artigo 44.1 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa", polo que exigimos à Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible que apresente o citado RECURSO.

Muitos son os motivos polos que no se tinha que ter aprovado o "Plano de Sectorización de Menáncaro-Serantes", mas a razom pola que a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, considera que o acordado polo Pleno do Concello de Ferrol o 20 de Abril de 2007, é nulo de pleno direito, é que o proxecto urbanístico non cumprimentou o trámite de someter a "Avaliación de impacto ambiental", procedemento de avaliaçom ambiental estratégica exigido pola Lei 9/2006, de 28 de abril.

Pola importáncia da notícia publicada no dia de hoje no jornal comarcal Diario de Ferrol, transcrevemos a mesma a continuaçom, assim como publicamos a nota de prensa enviada pola SGHN, no nome da Comunidade Menáncaro e as já mencionadas organizaçons ecologistas da Comarca.

DIARIO DE FERROL
30.01.2008
Presentan un contencioso contra a aprobación do proxecto de chalés na zona de Menáncaro
En abril do pasado ano, co grupo de PP e IF á fronte do goberno local e nun polémico pleno no que a oposición non estivo presente, aprobouse o plan de sectorización de Menáncaro. O proxecto de urbanización incluía a construción de 69 chalés de luxo e un hotel nas inmediacións dunha fraga centenaria.

REDACCIÓN > FERROL
A zona de Menáncaro conta cunha fraga centenaria que debe ser conservada

A pesar de que a Xunta informou desfavorablemente sobre o proxecto, a coalición PP-IF acolleuse a que este ditame foi presentado fóra de prazo para esgrimir a figura do silencio administrativo e dar o visto e prace ao plan.

O cambio de goberno (PSOE-EU) supuxo para o proxecto un novo xiro e así se anunciou que levaría a pleno a revogación do acordo do plan de Menáncaro, algo que respondía a un compromiso electoral e de pacto de goberno. O pleno da corporación aprobou, deste xeito, o 3 de agosto o inicio do procedemento de revisión de oficio de actos nulos de pleno dereito do acordo plenario de 2007, pero desde entón non se volveu a saber nada do tema. O único que se deu a coñecer, e non precisamente positivo, é que o expediente referido á urbanización de Menáncaro, resultado do acordo de agosto e que debería ser remitido ao Consello Consultivo da Xunta, caducou en novembro.

Ante esta situación, os colectivos opositores ao proxecto urbanizador da fraga de Menáncaro -Comunidade Menáncaro, Verdegaia, SGHN e Adega-Trasancos- acordaron nunha reunión mantida o rexeitamento á aplicación do silencio administrativo para a aprobación do proxecto, recordando que as resolucións de Medio Ambiente e da Dirección Xeral de urbanismo expuxeron no seu día que o plan non respondía á lexislación vixente, polo que non se lle podía aplicar o silencio administrativo.

Así mesmo, un dos propietarios afectados pola urbanización presentou un recurso contencioso contra a aprobación definitiva do proxecto, tendo en conta que o pasado 21 de xaneiro finalizaba o prazo establecido para tal fin. Así mesmo, reclámase das administracións competentes que se recalifiquen os terreos como chan rústico de especial protección, xa que a cualificación actual non respecta, a xuízo dos afectados, a Lei de Ordenación do territorio, Lei de Augas, Lei de Montes e Lei do Só, ademais de non adaptarse ao PXOM por non incluír un Catálogo de Bens Protexidos, non contar con tres hectáreas para edificación e non dispor de terreos regulares e de pendentes reducidas.

Estas medidas, segundo o colectivo opositor á urbanización, responden a un incumprimento dos seus compromisos por parte do goberno ao "non anular a aprobación definitiva do plan de sectorización de Menáncaro-Serantes e de protexer legalmente a carballeira existente nesa zona". Ante esta situación, que, segundo as entidades ecoloxistas e veciños da zona que integran a plataforma, limítase a ser unha declaración de intencións pero que non queda de manifesto en ningún documento legal, os afectados piden, ademais, unha entrevista urxente co alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, co obxectivo de que se lles explique o motivo do que consideran un deixamento municipal.

Desde o colectivo explícase que están dispostos a retirar o contencioso aberto se o Concello toma as medidas oportunas, pero, de non ser así, deben ser as entidades as que fagan fronte a esta situación para intentar salvar unha zona de máximo interese natural e que, polo menos deuse a entender, tamén interesaba ao goberno, aínda que aínda non fixo nada respecto diso.

Enlace coa noticia orixinal
________________________
De: SGHNFERROL -sghnferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de janeiro de 2008 11:50
Asunto: Nota de Prensa


Nota de Prensa
Prégase a súa publicación

@s afectad@s polo Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes presentan un Recurso Contencioso contra a aprobación definitiva de dito proxecto.

Denuncian o incumprimento dos compromisos adquiridos polo Governo local de anular a aprobación definitiva de dito plan e de protexer a Carvalleira de Menáncaro.

Os colectivos opositores ao proxecto urbanizador da fraga de Menáncaro (Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes); nomeadamente a Comunidade Menáncaro, Verdegaia, SGHN-Ferrol e ADEGA-Trasancos, mantiveron a semana pasada unha xuntanza na que se analizou a actual situación e se acordaron as seguintes accións a emprender:

- Rexeitar unha vez mais a aplicación do silenzo administrativo para tentar validar a aprobación do proxecto, dado que a Lei 9/2002, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galiza, no seu artigo 89.3 establece que non se aplicará o silenzo administrativo estimatorio cando os planos ou instrumentos contivesen determinacións contrarias á lei, aos planos de superior xerarquía ou ás directrices de ordenación. As resolucións prescriptivas da Consellería de Medio Ambiente e mais da Dirección Xeral de Urbanismo xa expresaron, no seu día, que o Plano de Sectorización de Menáncaro non se atiña á lexislación vixente, polo que non se lle pode aplicar o silenzo administrativo. Calquera actuación que desestime as prescripcións sinaladas levaría ao Concello a incurrir en graves infraccións urbanísticas.

- Presentación dun Recurso Contencioso contra a aprobación definitiva do devandito plan por parte dun dos veciños afectados polo proxecto, tendo en conta que o pasado 21 de xaneiro remataba o prazo establecido.

- Continuar esixindo ás administracións competentes o restablecimento da legalidade. Un dos requerimentos é que os terreos afectados se recalifiquen como Solo Rústico de Especial Proteción, dado que a cualificación actual (solo urbanizable non delimitado) non respecta as prescripcións da Lei de Ordenación do Territorio e infrinxe varios artigos da Lei de Augas, da Lei de Montes e da Lei do Solo, ademais de non adaptarse ao PXOM en varios aspectos:

a) O Plano Xeral inclúe esta zona no seu Catálogo de Bens Protexidos.

b) A superficie mínima establecida no PXOM para a edificación en cidade xardín é de tres hectáreas, superficie non existente no caso de respectar a carvalleira e máis o río e o seu bosque de ribeira.

c) Tamén se dispón que os terreos deben ser regulares e de pendentes reducidas, condicións que tampouco se cumpren.

O motivo polo que nos leva a emprender novas accións débese a que o actual Governo local incumpriú os seus compromisos de anular a aprobación definitiva do Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes e de protexer legalmente a Carvalleira de Menáncaro. Por esta razón solicitamos, ademáis, unha entrevista urxente co Alcalde ferrolán para que nos explique o motivo deste desleixo.

*Máis información: 981352820 (SGHN) e 616039268 (Verdegaia).
________________
649779774 [ADEGA]
630287900 e 645158113 [Comunidade Menáncaro]
________________
Blogs da Comunidade Menáncaro:
http://menancaro.blogspot.com/
http://fragademenancaro.blogspot.com/
http://menancaroexpress.blogspot.com/
Correio-e da Comunidade Menáncaro:
menancaro@gmail.com
__________________
--> Leer más...

domingo, setembro 23, 2007

Constituido o Comité Galego das árvores e formaçons senlheiras

Constituido o Comité Galego das árvores e formaçons senlheiras que já tivo a sua primeira reuniom onde se tomárom umha série de acordos de importáncia e se vam a avaliar as solicitudes realizadas até o dia de hoje, entre as que se atopa a da Comunidade Menáncaro.

Nota de imprensa emitida pola própria Xunta de Galicia:

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza constitúe o comité das árbores senlleiras, que examinará 189 novas solicitudes de catalogación

O comité, que se constituíu esta semana, está integrado por representantes da administración, da universidade, técnicos, biólogos, asociacións protectoras do medio ambiente, e decidirá sobre a inclusión de novos exemplares no Catálogo de Árbores Senlleiras

O catálogo é un rexistro público, creado en maio deste ano, no que se recolle unha primeira selección de 106 exemplares de 60 especies distintas, así como 21 formación arboradas de 14 especies diferentes

O comité iniciou xa a planificación dunha liña de axudas para o vindeiro ano, encamiñadas á conservación, protección e mellora dos exemplares incluídos no catálogo, así como a realización de tratamentos silvícolas ou fitosanitarios para o seu mantemento

Santiago, 22 de setembro de 2007.- A Dirección Xeral de Conservación da Natureza recibiu 189 solicitudes de inclusión novos exemplares no Catálogo de Árbores Senlleiras, cuxo decreto de creación entrou en vigor en maio deste ano. O rexistro recolle inicialmente 106 exemplares de 60 especies diferentes e 21 formacións arboradas compostas por 14 especies distintas; aínda que se configura como unha ferramenta aberta e en constante actualización, podendo propoñer a inclusión de novos elementos os seus propietarios, as administracións públicas, centros de investigación ou entidades que teñan entre os seus fins a protección da natureza.

O órgano encargado de analizar as novas solicitudes é o Comité das Árbores Senlleiras, que se reuniu por primeira vez o pasado mércores nas instalacións da propia Consellería de Medio Ambiente. Os membros do comité foron designados por diferentes institucións e organismos que teñen como finalidade a protección, conservación ou divulgación das árbores senlleiras. O órgano está presidido polo director xeral de Conservación da Natureza, Xosé Benito Reza, e ten entre os seus membros, representantes dos departamentos autonómicos como Cultura ou Medio Rural, das tres universidades galegas, técnicos do Centro de Investigación Ambiental de Lourizán, da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), así como representantes de asociacións protectoras do medio ambiente.

O comité ten como principais funcións a inclusión e exclusión de exemplares e formacións no Catálogo de Árbores Senlleiras, a elaboración

de plans de xestión e a valoración dos tratamentos fitosanitarios requiridos en cada caso, entre outras.

Na súa primeira reunión, a da súa constitución oficial, o Comité das Árbores Senlleiras iniciou a elaboración dos criterios de inclusión de novos exemplares e formacións no catálogo. Estes parámetros servirán para realizar a valoración final do conxunto de solicitudes de inclusión, 189 ata a data, e poder seleccionar as árbores e formacións máis representativas da nosa comunidade.

Así mesmo, o comité iniciou a planificación dunha liña de axudas para o vindeiro ano, destinadas á conservación, protección e mellora dos exemplares e formacións ou, no seu caso, a realización de tratamentos fitosanitarios ou silvícolas de mantemento.

Por último, na reunión do comité valorouse de xeito positivo a proposta de crear dentro da páxina web da Consellería de Medio Ambiente (http://medioambiente.xunta.es) un apartado específico para o Catálogo de Árbores Senlleiras, con información individualizada de cada un dos exemplares catalogados.
_________________
--> Leer más...

sábado, agosto 04, 2007

A mobilizaçom popular deu os seus frutos: a fraga mais perto dumha protecçom integral

Pola importáncia do assunto, transcribimos estas novas que publicam hoje Lorena Bustabad no xornal "El País" e a redacçomn do "Diario de Ferrol", sobre o resultado do Pleno do Concelho de Ferrol, celebrado onte, 3 de agosto, às 11 da manhá, no ponto sobre a Fraga de Menáncaro.

Menáncaro, carvalho centenário [Miguel Angel Fernández]

O goberno de Ferrol blinda a fraga de Menáncara para impedir que se urbanice
Socialistas e EU anulan definitivamente os orzamentos para 2007 herdados do PP
LORENA BUSTABAD - Ferrol - 04/08/2007

Dunha plumada, o goberno local de Ferrol tombou onte dous dos proxectos impulsados pola anterior corporación municipal, ao iniciar os trámites para impedir a urbanización de Menáncara e rexeitar os orzamentos deseñados polo PP para o 2007. A coalición de socialistas e EU no goberno local argumenta que quere redeseñar as contas públicas e reestablecer a legalidade urbanística na fraga de Serantes para protexela de futuras ambicións inmobiliarias. Desde a oposición, PP e Independentes por Ferrol (IF) interprétano como un desquite político.

Entre abrazos e aclamacións, veciños e ecoloxistas aplaudiron onte a decisión do goberno local de Ferrol de iniciar os trámites administrativos para revogar o acordo plenario que autorizaba a urbanización da fraga de Menáncara, aprobado o 20 de abril pola anterior coalición PP-IF. Nos últimos meses, asistiron a practicamente todos os plenos da corporación portando pancartas que denunciaban a destrución dun bosque centenario na contorna do río Sardiña, na parroquia de Serantes. "Levamos dous anos loitando e reclamando" manifestou Ramón Regueiro, un dos veciños afectados, "para nós isto é un éxito". A alegría dos veciños chocaba coas manifestacións da oposición municipal. "Nada lles vale, nin os soldos" replicaba un edil popular para referirse ás últimas decisións do goberno de paralizar as obras da praza de España e modificar á alza as táboas salariais dos edís.

A proposta para anular o Plan de Sectorialización de Menáncara aprobouse onte en pleno extraordinario cos votos a favor do executivo local e o respaldo do BNG, a abstención popular e a oposición de IF. O líder da formación, Juan Fernández, que figura como propietario de gran parte dos terreos que ambicionaba a promotora Bros Noroeste, ausentouse durante o debate aínda que permaneceu apostado na porta do salón de plenos seguindo o desenvolvemento dunha sesión non exenta de polémica.

O edil de Urbanismo, Anxo Mato, do PSDEG, defendeu a necesidade de protexer canto antes un espazo natural único que desde o 2000 figura na achaiadura urbanística como chan rústico urbanizable. Desde os bancos da oposición, o independente Francisco Pita Romeu, impulsor do proxecto na súa etapa á fronte da concellaría de Urbanismo, cuestionou a validez xurídica do proceso de anulación, mentres os populares responsabilizaron do agravio ao goberno autonómico. "Se os informes da Xunta chegasen a tempo, hoxe non estariamos aquí", manifestou o popular Guillermo Evia.

Este arquitecto, a quen Juncal sitúo como responsable de Urbanismo no lugar de Pita Romeu, aprobou o Plan de Sectorialización de Menáncara por silencio administrativo a despeito do criterio de Medio Ambiente e Política Territorial, que emitiron, fóra de prazo, ata tres informes desfavorables en contra dun proxecto que pretendía edificar 69 chalés encostados e pareados sobre o corazón da fraga. A Xunta advertiu que o impacto da urbanización sería "irreversible" e en xullo requiriu formalmente a revogación dun plan, que segundo Anxo Mato, aprobouse sen o correspondente informe de avaliación de impacto ambiental.

A decisión do goberno de Irisarri de rexeitar os orzamentos da anterior corporación para 2007 tampouco sentou nada ben nas filas populares. Desde os bancos da oposición acusaron ao executivo local de servirse dun "capricho" para "dilapidar" varios meses de traballo na área económica do concello cunha política de "terra queimada". O anterior alcalde, Juan Juncal, defendeu o "realismo" dunhas contas que superaban os 48 millóns de euros e que se aprobaron inicialmente a principios de maio, vinte días antes dos últimos comicios. Juncal acusou a Irisarri de pretender "demonizar todo o que ten que ver co goberno anterior" mentres o concelleiro de Facenda, Ramón Veloso, responsabilizou ao executivo anterior de reflectir nas contas públicas "un falso crecemento" orzamentario.

O edil socialista sostén que o documento económico elaborado polo PP era unha "prórroga encuberta" das contas do 2006. Denunciou, ademais, que no último mandato non houbo "un control exacto do gasto público" e recordou que o municipio está abonando os intereses de varios créditos aínda sen investir. O goberno finalizará o presente exercicio cunha nova prórroga sobre os orzamentos do ano anterior para iniciar o deseño doutro documento económico para 2008, previsto para outubro.

Enlace coa notícia original en "El País"
_____

Diario de Ferrol

Ferrol | Sábado, 4 de Agosto de 2007

Inicio dos trámites para a recualificación e protección da Fraga de Menáncaro

O tema de Menáncaro tamén suscitou un amplo debate no pleno de onte, sobre a proposta de iniciou do procedemento de revisión de oficio de actos nulos de pleno dereito do acordo plenario de 2007 que estableceu a aprobación definitiva do Plan de Sectorización de Menáncaro por silencio administrativo. A proposta de PSOE e EU contou co respaldo do BNG e o voto contrario de IF, cuxo portavoz ausentar do debate.

O edil de Planificación e Coordinación de Urbanismo, Anxo Mato, explicou que o goberno municipal adoptou esta decisión para dar cumprimento ao principio de legalidade que a Administración debe garantir. Destacou, así mesmo, o indubidable valor ecolóxico da fraga de Menáncaro e recordou as resolucións emitidas pola Xunta que establecen a existencia de causas de nulidade de pleno dereito. Nesta liña, e ante a insistencia do PP en que os informes de Medio Ambiente chegaran fóra de prazo, por iso é polo que o anterior goberno aprobase o Plan pola vía do silencio administrativo, Anxo Mato asegurou que "a extemporalización dun informe non legaliza algo que é ilegalizable".

O anterior edil de Urbanismo, Guillermo Evia (PP) manifestou que non ía ser el quen defendese a sectorización de Menáncaro, pero incidiu en que cando se aprobou a clasificación de chan rústico tipo A apto para o desenvolvemento urbanístico foi no ano 2000, cando ostentaba a Alcaldía o BNG, co apoio do PSOE. "Se os informes da Xunta chegasen ao seu debido tempo non estariamos agora debatendo isto", manifestou, momento no que xurdiu un pequeno incidente, cando alguén do público díxolle que os paralizou el.

Despois de que o alcalde, Vicente Irisarri, puxese orde na sala, Evia continuou dicindo que el actuara en base a eses informes e que lle gustaría que o goberno recoñecese onte que se trataba dunha decisión política.

Desde IF indicouse que o que se estaba sometendo a aprobación era o inicio dun expediente "que poida que acabe na revogación do acordo",animando ao goberno a que "inicie de verdade a recualificación, porque isto só é culpar ao goberno anterior".

A portavoz de EU, Yolanda Díaz, cualificou a xornada de onte de "un día de ledicia para Ferrol, porque se vai poñer freo a un problema ambiental".

Pita, do BNG, precisou que o problema está "na vontade que tivo un goberno de facer aí unha urbanización, que nós sempre rexeitamos" e non na modificación do Plan Xeral no ano 2000.

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol
_______________

MENÁNCARO
Blog da Comunidade Menáncaro
Fraga de Menáncaro Formación Senlheira
Expresso de Menáncaro
Artigos publicados no Blog da PA21


Menáncaro, Gaiteir@s cruzando o río Aneiros [Miguel Angel Fernández]
___________________
--> Leer más...

terça-feira, julho 03, 2007

Reuniom cumha comissom do grupo de governo municipal, encabeçada polo Alcade da cidade, Vicente Irisarri

Onte, 2 de Julho, pola tarde tivo lugar, numha das salas do Pazo Municipal do concelho de Ferrol, umha reuniom cumha comissom do grupo de governo municipal, encabeçada polo Alcade da cidade, Vicente Irisarri, cumha representaçom da Comunidade Menáncaro, ADEGA, SGHN e VERDEGAIA, para analisar a situaçom do procedimento administrativo com respeito da Fraga de Menáncaro e ver de ponher en prática as reivindicaçoms vecinhais e ecologistas que agora son tambén do grupo municipal, de que a melhor actuaçom para a Fraga de Menáncaro é nom actuar, deixar o espaço natural como está e buscar umha figura de proteçom, para o conjunto do lugar. Hoje às 8 da tarde [quedou aprazada para manhá, 4 de Julho, Quarta-Feira], o Alcade vai fazer umha visita à Fraga para ver o lugar em pessoa, acompanhado de representantes das organizaçoms ecologistas e vecinhais.

Por outra banda dizer que a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, emiteu um novo informe, onde advirte ao Concelho de que nom se podia aprovar o Plano de Sectorizaçom, sem o trámite de avaliaçom de impacto ambiental, polo que de persistir nessa actuaçom estaria-se a cometer umha infraçom moi grave, segundo o disposto no RD Legislativo 1303/1986, na sua redaçom actual. O que vem facilitar, ainda mais, a argumentaçom jurídica de paralizaçom do Plano de Sectorizaçom e de proposta para a anulaçom do acordo plenário do passado 20 de abril, onde se apravou o Plano de Sectorizaçom alegando silêncio administrativo positivo. Os representantes municipais, manifestárom que nums 15 dias teriam ultimada o procedimento a seguir para a paralizaçom do mecionado projecto urbanístico.

Tratou-se na reuniom de três assuntos que preocupam, a continua vertedura de lodos ao río, por parte de Canteiras Ferrolanas, S.A., o paso pola Fraga das lineas de alta tensom de Fenosa e a continua agresom desta empresa á carvalheira para a realizaçom da manutençom das mesmas e por último o vial proxectado no PXOM, no plano 1-25, onde figura a construçom dun viaducto sobre a Fraga, para unir a estrada de Catabois [C-646] e a de Covas [CP-3603], modificada por ressoluçom da Direcciónm Xeral de Urbanismo o 25 de maio de 2005,mais que ainda segue afectando à Fraga, ademais de tornarse innecesaria por mor da construçom dos novos viais de acceso ao porto exterior.

Proximamente tera-se umha nova reunión, no momento no que haja novas ao respecto do processo político-administrativo, do rexeitado proxecto especulativo no corazón da Fraga de Menáncaro.

Ferrol, 3 de julho de 2007
___________
--> Leer más...

quinta-feira, junho 21, 2007

Reuniom da Comunidade Menáncaro celebrada o 13 de junho de 2007

O passado, mércores [Quarta-Feira], 13 de Junho, tivemos umha reuniom nos locais da SGHN, a Comunidade Menáncaro, onde ADEGA está integrada, xunto com VERDEGAIA, a SGHN e o Colectivo Veciñal de Menáncaro, e outras entidades [Asoc. Picos do Sol e Fundaçom Artábria], que já há mais dum ano que nom participam. A sua vez a Comunidade Menáncaro, participa na PA21. Nesta reuniom valoramos a situaçom que se dá na actualidade, logo do cámbio de Governo no Concelho, assim como a última comunicaçom da "Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel", da qual Nês tem umha cópia.

Valorizamos que nom há que baixar a guarda e que polo de agora, nom há nada em firme, só o acordado polos partidos que conformam o Grupo de Governo Municipal de Ferrol, onde manifestam a sua intençom de paralisar o Plano Urbanístico. Assim que logo queda a sua anulaçom e finalmente, a requalificaçom de toda a Fraga como Espaçon Natural de Interesse Local ou Espaço Privado de Interesse Natural [Está em formato -pdf-] ou outra figura de protecçom que seja viável e possível [Ver normativa relacionada: Lei 9/2001 de 21 de agosto. CONSERVAÇOM DA NATUREZA (DOG 4/9/2001). A declaraçom como Formaçom Senlheira, para toda a fraga, também poderia ser umha soluçom. Mas nom é tam fácil o assunto, pois a entidade mercantil BROS NOROESTE EMPRESA INMOBILIARIA S.L. e os propietarios maioritarios das parcelas afectadas polo Plano de Sectorizaçom [Juan José Fernández García e SAT AGROPINO SAT, de Amando Romero Castrillón, tenhem uns direitos que vam intentar exercer, sobre todo para se nom conseguise fazer a urbanizaçom, que nom o vam conseguir, ao menos para pilhare umha forte indenizaçom. E sobre todo a estas alturas do processo administrativo e político. Polo que o Concelho, e penso que a petiçom da "Xunta de Galicia", ou mesmo em atençom aos nossos RECURSOS DE REPOSIÇOM, teria que comprometerse a anular os acordos plenarios do passado 20 de abril, onde se acordou aprovar o Plano de Sectrorizaçom, alegando SILÊNCIO ADMINISTARTIVO POSITIVO, e estar dispostos a sofrir o acosso nos tribunais por parte dos especuladores, e quem sabe se da oposiçom de direitas, por isso de dar a lata e o desgaste. É por todo isto polo que solicitamos umha reuniom cos responsáveis do Concelho de todas áreas que corresponda tratar, urbanismo, meio ambiente e outras, mas também queremos que esteja presente o próprio Alcade o Sr. Irisarri.
--> Leer más...

sexta-feira, junho 15, 2007

Someter o Plano de Sectorizaçom ao trámite de impacto ambiental, requisito imprescindível para qualquer actuaçom respeito ao projecto especulativo


A Comunidade Menáncaro, recebimos onte un escrito da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, onde se nos comunica, em resposta a vários escritos remitidos entre os meses de fevereiro e maio deste ano, que o Concelho nom pode realizar nengumha actuaçom com respeito ao projecto urbanizador dentro da Fraga de Menáncaro sem previamente someter o Plano de Sectorizaçom ao trámite de avaliçom de impacto ambiental. Ao tempo que notifica que de nom ser assi , o Concelho estaria a cometer umha infracçom moi grave, segundo o disposto no RD Legislativo 1303/1986 na sua actual redacçom.

A mesma Dirección Xeral, fai referência ao Informe desfavorável ao Plano de Sectorizaçom, emitido o 16 de Outubo do passado ano, em pleno vigor, ao que o Concelho tem que respostar, em todos os seus pontos, antes de qualquer actuaçom.

_________
Comunidade Menáncaro
menancaro@gmail.com
http://menancaro.blogspot.com
--> Leer más...

segunda-feira, maio 21, 2007

Solicitam à Xunta de Galicia que anule o acordo plenário onde se permite a construçom da urbanizaçom em Menáncaro e apresentam Recursos

O pasado venres, 19 de maio, a Comunidade Menánacaro no nome da veciñanza e dos demais grupos ecoloxistas e de participación cidadán, defensores da Fraga de Menáncaro [ADEGA, VERDEGAIA, SGHN e Plataforma Ártabra 21], presentaron no rexistro da Xunta de Galicia en Ferrol e enviaron por fax, escritos ante a Secretaría Xeral da Presidencia, a Dirección Xeral de Urbanismo e a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, para que, acolléndose ao disposto na lexislación vixente, actuen en consecuencia co manifestado publicamente e anulen e posteriormente, se é o caso, impugnen o ACORDO PLENARIO onde se aprobou o Plano de Sectorización de Menáncaro-Serantes, que o Concello de Ferrol aprobou, no Pleno Municipal do pasado 20 de abril de 2007, publicado o anuncio no DOG do 11.05.2007, alegando SILENCIO ADMINISTRATIVO POSITIVO; por non ser conforme á LEI e non respectar o PXOM vixente no Concello de Ferrol, en especial o seu Artigo 149.

Hoxe luns, 21 de maio, ás 12 do mediodía, ADEGA, a SGHN, VERDEGAIA e a Comunidade Menáncaro, desplegaron unha faixa diante da porta do Pazo Municipal e posteriormente presentaron no rexitro do Concello de Ferrol os RECURSOS DE REPOSICIÓN anunciados no seu día contra o xa citado acordo Plenario do 20 de abril pasado.

Asinado.-
Ramón REGUEIRO SANTIAGO, con DNI 32591787-M, no nome propio e en representación da Comunidade Menáncaro, da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza -ADEGA-, da Sociedade Galega de Historia Natural -SGHN-, da Asociación Ecoloxista Galega VERDEGAIA e da Plataforma Ártabra 21.


________________________________

Fotografias e o Plano de Sectorizaçom.-

Na foto pode-se apreciar, em perspectiva de 60º sobre chao, a Fraga de Menáncaro e o seu contorno. Esta fotografia está tomada há 2 anos em 2005, para amplia-la há que clicar acima dela.

Na foto pode-se apreciar, em vertical sobre chao, a Fraga de Menáncaro e o seu contorno. Na margem direita da fraga, próxima ao rio Aneiros, pode-se apreciar a tala ilegal do bosque ripicola que fixo Juan José Fernández García e o seu sócio Amando Romero Castrillón, em Setembro de 2001, paralizada no seu momento pola acçom e denuncias do movimento ecologista. Esta fotografia está tomada há 2 anos em 2005, para amplia-la há que clicar acima dela.

Este é o Plano de Sectorización de Menáncaro que comprende quase 5 ha, a mitade da Fraga, mais que está desenhado para ocupar a zona de mais valor ecológico, o coraçom da mesma Fraga, a zona mais viva, onde todo brota com muita facilidade.

Na foto pode-se apreciar, em vertical sobre chao, a Fraga de Menáncaro e o seu contorno. Agora ponhendo a escala o plano sobre o lugar onde pretendem localizar a urbanizaçom, pode-se apreciar como o Plano de Sectorizaçom incumpre o PXOM, ao nom respectar a carvalheira e polo tanto muito menos o seu contorno comoassim establece o PXOM [Plano Xeral de Ordenación Municipal]. Mesmo nom haveria espaço físico suficiente, para localizar a urbanizaçom noutro lugar da fraga sem incumprir a legislaçom vigente e já nom digamos, sem destruir o conjunto do espaço natural que conforma a carvalheira, rio, humedais e bosque ripicola. Esta fotografia está tomada há 2 anos em 2005, para amplia-la há que clicar acima dela.
--> Leer más...

segunda-feira, abril 23, 2007

Onde están as actitudes demócratas, onde está a democracia ?

Non é novo dicir que en política a ética non existe, non importa mentir, non importa manipular, non importa tomar decisións contra toda lóxica, non importan os dereitos da cidadanía, non importa a opinión das persoas afectadas, non importa o medio ambiente, ... só importan os intereses políticos partidarios, os intereses económicos, os intereses particulares, dos que detentan o poder, neste caso no poder municipal. Podes presentar alegacións a un Plano urbanístico, esforzaste na argumentación, pides opinión de espertos, buscas na lexislación os fundamentos xurídicos, ... para que despois decidan sobre as alegacións sen sequera ollar par elas. Pois todo é formal, as decisións xa estań tomadas con antelación. E esta é vía libre á especulación.

Se os colectivos veciñais e ecoloxistas non se organizaran e loitaran na defensa da Fraga de Menáncaro, a estas alturas xa se tería cometido un atentado ecolóxico contra un dos escasisismos espazos naturais de grande interese ecolóxico e paisaxístico que quedan no Concello de Ferrol. Tampouco quedarían destapados os intereses particulares, do Teniente Alcalde Juan José Fernández García, na consumación deste atentado ecolóxico e na utilización do seu cargo en beneficio personal e non na defensa dos intereses colectivos e veciñais.

O Alcalde minte descaradamente, cando di que "el proyecto urbanístico respecta la carballeira" e chamanos a atención unha, repetida e importante, coincidencia cun medio de comunicación, na súa información, cando se refire ao proxecto urbanístico, sempre o situa fora da Fraga, utilizando urbanización que se vai construir "al lado de la fraga...", ou tamém utilizando que se vai construir "en las inmediaciones ..." Maldita coincidencia. Maldita impotencia a nosa. Mais hoxe en día, temos a sorte de dispor de fotografías aéreas e de satélite, na rede. As primeiras facilitadas polo Sixpac da Consellería do Medio Rural, mais cun lixeiro inconveniente de que son fotos do 2002, mais valedas para o que se trata e as segunda ofertadas polo Google Heart, datadas en 2005, que cunha simple observación e comparadandoas cos planos do proxecto urbanístico, damonos conta da gran e intencionada mentira coa que pretenden manipular á opinión pública. Os tres informes emitidos pola administración autonómica, dan conta deste extremo, mencionando de diferentes formas que o espazo onde se pretende levar a cabo o proxecto urbanístico é moi escaso para tal actuación. Non é que se vaia construir ao lado da Fraga de Menáncaro, vaise construir no mesmo corazón da Fraga.

Unha parte da oposición é responsábel [BNG-PSOE], pois na anterior lexislatura cando estaba no poder consisteu que a Fraga de Menáncaro quedara como urbanizábel no PXOM en vigor, aprobado no ano 2000 por unanimidade por todos os grupos que daquela esban representadosnoConcello [BNG, IF, PP e PSOE] , cunha figura de proteción ambigua e a todas luces insuficiente, sen atender no seu momento as alegacións ecoloxistas que pedían unha figura de proteción absoluta e que voltaron a reiterar unha vez que se prodiciú unha tala ilegal en setembro de 2001. Agardemos que aprenderan a lección, e que no caso de gobernar a partires do 27 de maio, non o fagan como sempre para o pobo, mai sen o pobo, senón que o fagan contando co pobo, e fagan real a participación cidadán, democracia participativa e as consultas populares.

O Sr. Juncal, escudase nas incoherencias de parte da oposición cando eran gobernates municipais na anterior lexislatura, ao deixar as portas abertas da Fraga sen importarlle que os especuladores acechaban, mais foi este goberno que preside o Sr Juncal quen chamou aos especuladores para que entraran a saco e acabaran con este singular espazo natural. É mais os especuladores están dentro do seu propio goberno municipal.

O sentido común, tería que decirlle ao Sr. Alcalde que con tres informes contrarios ao proxecto urbanístico, coa veciñanza e as organizacións ecoloxistas, mais sobre todo polo grande valor ecolóxico da Fraga, non debería darlle para diante ao Plano de Sectorización.

O Alcalde sinteuse ultraxado, porque di que se lle insultou, pola actitude mantida pola veciñanza e ecolxistas, nós non escoitamos tais insultos só muita indignación frente a tanta inxusticia. Mais que quería o Sr.Alcalde , diante de semellante inxusticia, a unha veciñanza que se lles rouba a terra para facer chaléts de luxo, que se lles obriga a cambiar de vida, non por un inescusábel e necesario proxecto para o ben ou servizo colectivo de toda a sociedade, senón para que uns cantos especuladores fagan un negocio destruíndo un lugar de grande valor ecolóxico. E si a isto somamos a actitude do Alcalde, de non deixar pasar ao Pleno ás persoas afectadas, só unha vez que se aprobou o proxecto urbanístico, que pensa o Alcalde como imos respostar a tal inxusticia e actitude antidemocrática, pois con muita xenreira e indignación, como calquer persoa humana. Só faltaría ! Mais que non pense que imos quedar só aí, se fose así bon sería para el e para o Sr. Fernández, senón que dedicaremos todas as nosas forzas a impedir o proxecto urbanístico, defenderemos a Fraga con uñas e dentes, utilizaremos todas as posibilidades legais e se fai falta impediremos as obras desde antes que comecen.

Para actitude democrática, a nosa, a do Sr. Juncal Alcalde de Ferrol brilla pola súa ausencia, vergoña deberíalle dar.

Ferrol, 23 de Abril de 2007

Ramón Regueiro Santiago
e Inácio Martínez Orero
--> Leer más...

sexta-feira, abril 20, 2007

O Pleno Municipal aprova o projecto urbanístico em Menáncaro

O Pleno Municipal aproba o proxecto urbanístico en Menáncaro

Hoxe as 9 e 1/2 da mañá estaba previsto un pleno municipal extraordinario en Ferrol, onde entre outros puntos estaba previsto tratar o dar por aprobado o Plano de Sectorización de Menáncaro-Serantes alegando "silencio administrativo positivo".

Sen ser o Pleno a porta pechada o Alcalde impideu a entrada ao mesmo dunhas trinta persoas que representanban á oposición cidadán ao proxecto urbanístico, veciñanza do lugar, representantes de ADEGA, SGHN, VERDEGAIA, Plataforma Ártabra 21 e da Comunidade Menáncaro, viron impedida a entrada ao Pleno polo dispositivo policial ordenado polo Alcalde.

A primeira hora da mañá houbo unha pequena rebelión do persoal funcionario e laboral do Concello, pois o goberno municipal, ía aprobar un plano de emprego, do IMFACOF, un organismo autónomo do Concello, parece ser que lesivo para os intereses do resto do persoal. O que descolocou ao Alcalde que agardamos que non durmira coa conciencia tranquila a noite anterior, polo que pensamos que xa viña tenso a un Pleno con certa expectación, cidadán e mediática.

O Alcalde aproveitou a situación, para deixar fóra da sala de sesións à oposición veciñal e ecoloxista, desoindo as peticións reiteradas dos grupos da oposición, para que abrira as portas. Os grupos da oposición abandoaron o Pleno en protesta pola actitude da Alcaldia. Unha vez que se aprobou o proxecto urbanístico, o Alcalde, Sr Juncal, ordeou á policia municipal que cesaran no dispositivo e deixaran entrar ás persoas que quedaban fóra. Unha vez que veciñanza e ecoloxistas, coñeceron que xa se aprobara o proxecto de urbanización, comezaron as críticas e berros de xenreira, pola actitude do Alcalde, concelleira e concelleiros que apoiaron cos seus votos a destrución da Fraga e a súa sustitución por unha urbanización de luxo.

A veciñanza e organizacións ecoloxistas, en roda de prensa, denunciaron a actitude antidemocrática da Alcaldía, que este goberno municipal non defende os intereses da veciñanza nin o patrimonio natural do Concello; sacrificando un dos escasos espazos naturais de interese paisaxístico e ecolóxico do Concello; anunciaron recursos contra o acordo plenario e que defenderan a Fraga de Menáncaco até conseguir unha proteción definitiva deste espazo natural.

O vindeiro Luns, 23 de Abril, terá lugar unha reunión da Comunidade Menáncaro con ADEGA, SGHN e VERDEGAIA, nos locais do Ateneo Ferrolán, para analizar a situación e avaliar as medidas de fefensa xa tomadas.

Estes foron o Alcalde, a concelleira e os concelleiros de Ferrol que votaron a favor do proxecto urbanístico que pretende destruír a Fraga de Menáncaro, a sabendas que é un acordo inxusto e que non se axusta á legalidade:

Juan Manuel Juncal Rodríguez (PP)
José Manuel Vilariño Anca (PP)
Manuel Honorio Bustabad Ferreiro (IF)
José Manuel Rey Varela (PP)
Marta Cerdido Pintos (PP)
Vicente Lorenzo Luque (PP)
Guillermo Evia Pérez (PP)
Amador Rodríguez Silvar (PP)
Francisco Pita-Romero Caamaño (IF)
Leopoldo Ibáñez Santiago (IF)
José Manuel Couce Fraguela (IF)
José Luis Amado Caeiro (IF)

Ausentouse do pleno, cando se realizou a votación, Juan José Fernández García (IF), por ser unha parte interesadísima en todo este negocio.

Enlazar co artigo Defendamos a Fraga de Menáncaro

Ferrol, 20 de Abril de 2007
_____________

Do Blog "Fraga de Menáncaro Formación Senlleira," da Comunidade Menáncaro.

Filme realizado pola SGHN e ADEGA, onde se pode apreciar a imensidade e o valor da fraga no seu conxunto. Filme realizado pouco despois de saberse que a Fraga de Menáncaro estaba ameazada por unha posibél especulación urbanística.

En formato mpg, cunha duración 6 minutos 43 segundos.
Editado por SGHN e ADEGA, Novembro 2005
Feito por Yosy (c)

DISCO CDR. ...



________________

Comunidade Menáncaro
http://menancaro.blogspot.com

Fraga de Menáncaro Formación Senlleira
http://fragademenancaro.blogspot.com
--> Leer más...

Especulaçom avança em Ferrol: PP e IF aprovárom a substituiçom da Fraga de Menáncaro por umha urbanizaçom que enriquecerá a Juan Fernández

Nosup-trasancos -nosup-trasancos@nosgaliza.org-
20 de Abril de 2007 13:0
Responder a: Nosup-trasancos -nosup-trasancos@nosgaliza.org-

Especulaçom avança em Ferrol: PP e IF aprovárom a substituiçom da fraga de Menáncaro por umha urbanizaçom que enriquecerá Juan Fernández


A Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular quer manifestar o seu enérgico rechaço à aprovaçom, com os votos do PP e de Independientes por Ferrol, de um novo ataque especulador contra o património do povo de Ferrol.

A decisom tomada no pleno de hoje, que dá via livre à manobra financeira e urbanística que engrossará as contas do vice-presidente da Cámara, Juan Fernández, proprietário da maior parte dos terrenos, é umha mostra da aberrante política desenvolvida polos gángsters do PP e de IF. Nengum escrúpulo lhes permite tomar em consideraçom os protestos vicinais que venhem reclamando, durante os últimos anos, que se respeite a última fraga autóctone significativa existente no ámbito do Ferrol urbano.

Em lugar disso, os partidos governantes aprovárom a entrega dos terrenos às construtoras para que arrasem a carvalheira de Menáncaro, o que possibilitará, isso sim, um lucrativo negócio, nom só às construtoras, mas também ao vice-presidente da Cámara e máximo dirigente de IF, Juan Fernández.

A atitude das forças governantes, ao impedirem que a oposiçom popular acedesse ao pleno em que era votada a aberraçom urbanística e ambiental de Menáncaro, define bem quais som os limites da cacarejada "democracia" do PP e de IF. A deles é a "democracia" do assalto às instituiçons públicas para as colocarem ao serviço dos interesses privados das suas empresas amigas e dos próprios membros do Governo municipal. A corrupçom converte-se em roteiro político da direita espanhola governante.

Porém, o carácter especulador e delinqüente do actual governo municipal nom escusa a atitude e a responsabilidade das duas principais forças da oposiçom municipal: o PSOE e o BNG. Porque temos memória, devemos lembrar que foi a área de Urbanismo, em maos do BNG durante a etapa de coligaçom em Ferrol, a que requalificou os terrenos em causa e possibilitou assim o ataque contra um espaço de grande valor natural como é a carvalheira de Menáncaro.

NÓS-UP quer reiterar o seu apoio ao movimento vicinal, insistindo na necessidade de que continue a pressom contra o projecto da direita especuladora e em defesa dos nossos espaços naturais.

Defendámos Menáncaro!

Fora especuladores e corruptos!

Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular em Trasancos

Ferrol, 20 de Abril de 2007

--> Leer más...

quinta-feira, abril 19, 2007

Defendamos a Fraga de Menáncaro

Onte 18 de abril, ás 7 e 1/2 da tarde tivo lugar unha importante reunión da Comunidade Menáncaro e as organizacións ecoloxistas ADEGA, SGHN e VERDEGAIA, nos locais do Ateneo Ferrolán, diante dun eminente atentado ecolóxico que se vai cometer contra a Fraga de Menáncaro este venres, 20 de abril, ás 9 e 1/2 da mañá nun Pleno Extraordinario do Concello de Ferrol.

A reunión tivo moito éxito, non só pola asistencia de persoas, senón polo unanime interese e preocupación, pola situación que se está dando sobre todo este proceso e en particular pola intención manifesta dos que hoxe están gobernando no Concello [PP e IF], de aprobar o Plano de Sectorización de Menáncaro-Serantes, alegando "silencio administrativo positivo".

As persoas e entidades reunidas acordamos reiterar que de producirse un acordo no Pleno Municipal no sentido xa citado, sería política e eticamente deplorábel, cometeríase un atentado ecolóxico e un delito penal por prevaricación, ademais de ser nulo de pleno dereito e ilegal:

Porque Concello non pode alegar silencio administrativo, sen ter en conta o Informe [REX. Nº 037435 e data 01.12.2006], da D. X. de Urbanismo, DESFAVORÁBEL AO PLANO DE SECTORIZACIÓN, pois considerámolo vinculante e preceptivo, como así dispón a lexislación vixente no artigo 86.1.d) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección de medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004. Polo que consideramos que non se pode aplicar silencio administrativo, pola excepción clara que se indica no Artigo 90.3 da Lei 9/2002 que non foi modificado pola 15/2004 na sua nova redacción. Este artigo establece “que non se aplicará o silencio administrativo estimatorio cando os plans ou instrumentos contuviesen determinacións contrarias á Lei, aos plans de superior xerarquía ou ás directrices de ordenación do territorio de Galiza”. E a propia resolución da Dirección Xeral fai mención expresa a que o Plano de Sectorización Menáncaro-Serantes non se axusta ao PXOM, que incumpre a Lei do Solo e que non respecta as áreas de protección do contorno do río Aneiros e das masas de caducifolias.

Porque non pode alegar Silencio Administrativo positivo, sen antes contestar ao Informe da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, emitido con data do 16 de Outubro de 2006, e número de Rex. 017746, onde se lle empraza, ao Concello, a someter o Plano de Sectorización ao trámite de Avaliación do Impacto Ambiental, considerando a revisión do Estudo de Impacto Ambiental presentado no seu día, e completar este cunha serie de informes [da D. X. de Conservación da Natureza, da D. X. de Patrimonio Cultural e de Augas de Galicia], outros trámites e actuacións, así como efectuar o trámite de información pública; chegando a cualificar a Fraga como unha zona de importancia ecolóxica e paisaxística.

Porque ademais é que unha vez que o primeiro Informe preceptivo desa Dirección Xeral de Urbanismo foi desfavorábel ao proxecto urbanístico, estamos a falar do primeiro con data de febreiro de 2006, a empresa promotora citada, presentou, en abril de 2006, un novo planeamento modificado, informado favorabelmente polos ténicos municipais, mais o concello non cumpríu co disposto na lexislación vixente de sometelo a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio, incumprindo co establecido no artigo 86 da Lei 9/2002 de 30 de decembro de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Pola incongruencia que supón que o Concello de Ferrol, dentro das súas rutas turísticas polo termino municipal, que son poucas, inclúa a da Fraga de Menáncaro, presentadoa con varios mapas e fotografias e a seguinte lenda:

"DESCRIPCIÓN DA RUTA
Sendeiro interior que xunto có da Cabana son os únicos que recorren soutos e fragas de castiñeiros e carballos, no caso de Menáncaro, centenarios, visitando así un dos poucos reductos deste tipo de bosques autóctonos que quedan no Concello. Para velos mellores exemplares de carballo deberá subir polo monte que queda á esquerda do camiño uns 10 ou 15 metros. Remontando o Río Sardiña chégase ás pistas da parcelaria, perfectas para percorrer en bici, podéndonos acercar tamén ó Castro de Ferreiros, cuberto polo bosque pero que aínda permite adiviñalas súas fortalezas e fosos. A dificultade é mínima e o percorrido efectúase nunha hora."

Pola contradición manifesta que suporía coa decisión anterior [Agosto 2006] do Concello de Ferrol de solicitar que a Fraga de Menáncaro sexa incluida no Catálogo Galego de Árbores e Formacións Senlleiras, por considerala un espazo natural e paixasístico merecedor dunha especial conservación.

Porque Juan José Fernandez García, Teniente Alcalde do Concello de Ferrol, e o verdadeiro promotor do proxecto urbanístico xunto coa empresa SAT AGROPINO 735 XUGA, propiedade de Amando Romero Castrillón, que chegaron a un acordo coa entidade mercantil BROS NOROESTE EMPRESA INMOBILIARIA S.L., mediante unha opción de compra escriturada ante notario [11.11.2004]. Estes son os propietarios do 73,68 % da superficie delimitada no Plano de Sectorización e maiores beneficiarios de que este Plano se aprobe. Esta opción de compra, na súa redacción pode que conteña supostos delitos penais de cohecho e tráfico de influencias, custións que ter que investigar a fiscalía.

Porque a principal parcela do Plano de sectorización que supón case o 75% da delimitacíón, na mitade indivisa que lle corresponde a Juan José Fernández García, ten unha carga en forma de dúas hipotecas, unha por un principal de 124.977 € e outra por un principal de 201.837 €, a favor de Manuel Santalla Gato e Francisca Peñazola Torres. Mais non só iso senón que tamén hai tres embargos, para resoponder por 325.737,74 € cada un, segundo autos seguidos co nº 755/2004 no Xulgado Nº de Ferrol. Como se pode apreciar as cantidades coincien na súa suma, mais as persoas, " a favor" cambian, todo segundo consta no Rexistro da Propiedade de Ferrol. Polo que se pode presupoñer que todo este tinglado económico financieiro de prestamos e prestamistas, como o pagaré pola opción de compra, sexa o argumento de peso mais importante para que o proxecto urbanístico sexa aprobado en sesión plenaria. Só é unha suposición, pois probas non hai.

Porque en Setembro de 2001 relizouse na Fraga de Menáncaro unha tala indiscriminada ilegal de todo o bosque de ribeira por parte de Juan José Fernández García e Amando Romero Castrillón, propietarios e autores da mesma, onde interveu, na paralización tardía, a administración autonómica e a policía municipal do Concello, pola que foron expedientados.

Por todo isto demandamos que o proxecto urbanístico definitivamente non se aprobe, que se recalifique a zona cunha figura de protección total e expresa para toda a Fraga de Menáncaro, por considerar a zona, merecedora de normas protectoras específicas, dado o seu interese natural, didáctico, científico, cultural, paisaxístico e ecolóxico do conxunto do hábitat natural e dalgunhas das árbores e espécimes da flora existentes na Fraga, xa que constitúe un patrimonio natural e cultural valioso, de interese público, e unha das escasísimas e reducidísimas mostras de bosque autóctono existentes no Concello de Ferrol, irrecuperábel no caso da súa destrución ou desaparición.


Acordamos:

Facer unha chamamento á cidadanía para que acudan ao pleno deste venres 20 de abril e ser testemuñas da ilegalidade que pretenden levar a cabo os grupos que hoxe gobernan no Concello de Ferrol.

Poñernos en contacto telefónico con Presidencia, Dirección Xeral de Urbanismo e Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, para que interveñan diante deste intento de atentado ecolóxico que sería aprobar definitivamente o proxecto de urbanización.

Achegarnos até os Xulgados de Ferrol para poñer en coñecemento do Fiscal que se vai cometer un delito de prevaricación, artigo 404 do Códigopenal en vigor.

Informar ao Fiscal de Medio Ambiente que ten sede en Compostela deste atentado Ecolóxico.

No caso de producirse unha aprobación no Pleno extraordinario, solicitar aos grupos políticos da opisición que interpoñan recurso de reposición.

Igual que un grupo de veciños e veciñas xa teñen, a nível particular contratado os servizos dun bufete de advogados da cidade, a Comunidade Menáncaro, xa o ten preparado a través de ARDEFA, para que interpoña un recurso de reposición e no seu caso continuar con un proceso xudicial até o final.

Convocar unha nova reunión nos locais do Ateneo Ferrolán, o vindeiro Luns 23 de Abril ás 19:30 hrs.

___________
--> Leer más...

quarta-feira, abril 18, 2007

Observa a Fraga de Menáncaro desde o satélite

--> Leer más...

Pretenden aprovar a urbanizaçom por silêncio administrativo esta Sexta-Feira 20 de abril: Convocatória de Reuniom urgente no Ateneo Ferrolán

Este venres 20 de Abril, en Pleno extraordinario ás 9 e 1/2 da mañá, pretenden aprobrar o Plano de Sectorización Menáncara-Serantes, para que o "Pleno da Corporación se pronuncie sobre a aprobación definitiva por silencio administrativo positivo".

Ao noso entender o Concello non pode alegar silencio administrativo, sen ter en conta o Informe [REX. Nº 037435 e data 01.12.2006], desa D. X. de Urbanismo, DESFAVORÁBEL AO PLANO DE SECTORIZACIÓN, pois considerámolo vinculante e preceptivo, como así dispón a lexislación vixente no artigo 86.1.d) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección de medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004. Polo que consideramos que non se pode aplicar silencio administrativo, pola excepción clara que se indica no Artigo 90.3 da Lei 9/2002 que non foi modificado pola 15/2004 na sua nova redacción. Este artigo establece "que non se aplicará o silencio administrativo estimatorio cando os plans ou instrumentos contuviesen determinacións contrarias á Lei, aos plans de superior xerarquía ou ás directrices de ordenación do territorio de Galiza". E na propia resolución desa Dirección Xeral faise mención expresa a que o Plano de Sectorización Menáncaro-Serantes non se axusta ao PXOM, que incumple a Lei do Solo e que non respecta as áreas de protección do contorno do río Aneiros e das masas de caducifolias.

A Comunidade Menáncaro diante deste anuncio, vai ter unha reunión no Ateneo Ferrolán hoxe, 18 de Abril as 20:00 hs, para analizar a situación e propoñer medidas concretas a realizar, desde accións até xudicializar o asunto poñendo en mans do fiscal toda a documentación adiantadndoque no Concello de ferrol, vaise cometer un delito urbanístico de prevaricación, ademais dun atentado ecolóxico contra un espazo natural único no concello.

Achegamos escrito en anexo que apresentamos hoxe no rexistro da Xunta de Galicia, dirixido á Dirección Xeral de Urbanismo, así como o que lle entregou onoso representante Ramón Regueiro ao Presidente da Xunta de Galicia o pasado 14 de abril, nunha entrevista que mantivo con el, onde lle solicitou que fixera todo o posíbel para paralizar este atentado ecolóxico.

Convidamos tamén a ADEGA, SGHN e VERDEGAIA.

Ramón Regueiro Santiago
Lugar de Quiá, 180
Serantes-Ferrol [15405]

Telefono.: 981327494
Telemóbel: 630287900

correio-e:
menancaro@gmail.com

Blog da Comunidade Menáncaro:
http://menancaro.blogspot.com

Blog Menáncaro Formación Senlleira:
http://fragademenancaro.blogspot.com/

--> Leer más...