Sítio na rede para denunciar o projecto de urbanizaçom que pretende borrar do mapa umha das poucas fragas de espécies autóctonas que há em Ferrol
correio-e: menancaro@gmail.com

sábado, outubro 28, 2006

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental emiteu informe desfavorável para o Plano de Sectorización de Menáncaro

Onte [27.10.2006] chegava às nossa mans umha notificaçom da qualificaçom ambiental e informaçom sobre trámites a realizar no projecto urbanizador que contempla o Plano de Sectorización de Menáncaro, onde se empraça ao Concelho e à promotora BROS EMPRESA INMOBILIARIA DO NOROESTE S.L. , para que revise e complete o estudo de impacto ambiental, dado que considera a Fraga de Menáncaro um espaço a proteger, salientando a importaáncia ecológica e paisagistíca do contorno.

Esta notificaçom é um passo mais na conquista das nossas reivindicaçons, para salvar a Fraga da especulaçom urbanística. Dentro duns dias emitira-se a ressoluçom da Dirección Xeral de Urbanismo, em resposta ao novo Plano de Sectorización modificado que remiteu a empresa inmobiliaria a essa Dirección xeral há uns meses. Aguardemos seja desfavorável, na mesma linha que este de Medioambiente.

A continuaçom contribuimos com a publicaçom em formato -jpg- das três páginas da que consta a notificaçom de Medioambiente.

Nota.- Para amplia-las há que clicar acima delas por duas veces.

Logo passamos a pôr umhas ligaçons com a notícia dada polos jornais da comarca.






Os medios de comunicaçom escritos da comarca trataromotema comosegue:

Diario de Ferrrol
Ferrol | Jueves, 26 de Octubre de 2006

O plan de Menáncaro precisa dunha avaliación de impacto ambiental
A urbanización que unha promotora pretende construír en Menáncaro (Serantes) cada día complícase máis. Aos informes doutras áreas da Xunta -o último da Dirección Xeral de Urbanismo, que segundo puido saber este diario, é desfavorable, aínda que aínda non foi remitido ao Concello-, súmase agora unha notificación da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (Consellería de Medio Ambiente), na que este organismo considera necesario que o plan de sectorización sométase a trámite de avaliación de impacto ambiental. A Xunta pide, ademais, que se complete o estudo e que, unha vez concluído este trámite, expóñase a información pública.

A notícia completa no próprio Diario de Ferrol


La Voz de Galicia
Sábado, 28 de Outubro de 2006

A Consellería de Medio Ambiente solicitou ao Concello de Ferrol un estudo de impacto ambiental se desexa continuar co proxecto de construción de 80 chalés e un hotel na zona de Menáncara, na parroquia de Covas. A consellería, segundo fontes oficiais, considera que é necesario ese documento -do que carece o proxecto- porque, aínda que non é unha zona protexida, si conta con abundante masa boscosa e «especies interesantes» na fraga que existe nesa zona, e que se vería afectada por devandita promoción inmobiliaria.

A noticia completa na própria Voz de Galicia
--> Leer más...

quarta-feira, outubro 25, 2006

Convocatória de reuniom da Comunidade Menáncaro

A vindeira Quinta-Feira, 2 de Novembro, às 19:00 hrs, no lugar de Quiá-Serantes nº 180, na própria Fraga, está convocada umha reuniom da Comunidade Menáncaro, para analisar a situaçom actual, logo de que a empresa BROS NOROESTE EMPRESA INMOBILIARIA, S.L. apresentara um novo projecto de urbanizaçom dentro do Plano de Sectorizaçom de Menáncaro. Também falaremos do contido do informe do Concello para o Pleno do passado 28 de Setembro; do Informe do Técnico Municipal dando o visto bom às reformas que fijo BROS INM. ao projecto; da nota de imprensa que nos enviou o BNG; das informaçons jornalísticas de que a Dirección Xeral de Urbanismo tem elaborado um informe desfavorável à realizaçom da urbanizaçom; da falta de resposta da Comisión de Avaliación Medioambiental e da própria Dirección Xeral de Urbanismo. E por último dos passos que temos que dar diante desta situaçom. Também queremos comentar de qual é a nossa situaçom dentro da Plataforma Ártabra 21.

O Blog da C.Menáncaro está actualizado:

http://menancaro.blogspot.com

--
Inácio Martínez Orero

Telemóvel
645158113
--> Leer más...

O BNG considera que Juncal pretendía aprobar a urbanización de Menáncaro sen permiso de Medio Ambiente.

---------- Forwarded message ----------
From: BNG <bng@ferrol-concello.es>
Date: 25/10/2006 14:16
Subject: RV: NOTA DE PRENSA
To: menancaro@gmail.com

NOTA DE PRENSA

O BNG considera que Juncal pretendía aprobar a urbanización de Menáncaro sen permiso de Medio Ambiente.

O BNG considera que o Goberno Local, presidido por Juan Juncal, pretendía aprobrar a urbanización de Menáncaro sen contar co informe favorábel da Conselleria de Medio Ambiente. A inclusión na orde do día do Pleno Ordinario do mes de setembro (Posteriormente retirada) demostra a intencionalidade do alcalde de continuar adiante cun proxecto que incumpre en múltiples aspectos a legalidade vixente e ao que lle faltan numerosos trámites e informes na súa tramitación.

O goberno Local tramitou este proxecto de construcción de vivendas unifamiliares e un hotel, nuns terreos de alto valor ecolóxico e onde o primeiro tenente de Alcalde, Juan Fernández, é propietario da maior parte dos terreos nos que se previa acometer este Plan de Sectorización.

En concreto e ainda que o proxecto no afecta a nengun espazo natural protexido no seu ambito de actuación atopase unha importante masa vexetal (Carballeira, Comunidades ripícolas, Bosque de Ribeira) e en canto a fauna existente resalta a presenza de seis especies que requiren dunha protección estrita, segundo Directivas Comunitarias. Asi mesmo, nesta zona se atopan inventariadas, na zona de estudo, catro especies de interese comunitario
para as que é necesario designar zonas especiais de conservación.

Polo tanto e á vista de que a natureza das accións a desenvolver supón a destrucción da cuberta vexetal a través das operacións previas de despexe e desbroce, e como isto supón un impacto directo e puntual que afectará a aquelas especies que se atopen e/ou realicen os seus ciclos vitais na zona onde se proxecta a urbanización é necesario someter o plan de sectorización ao trámite de avaliación ambiental.

Trámites pendentes por realizar.

Como indicamos, ademais da inexistencia do estudo de avaliación ambiental, o Goberno de Juan Juncal, tramitou este plano sen apresentar un estudo detallado da fauna existnte na zona e unha análise das afeccións que repercutirian sobre estas. Ademais deberá apresentar as medidas protectoras para integrar dentro do proxecto aqueles habitats potencialmente a protexer.

Asemade, o Concello deberá apresentar un estudo que permita coñecer o grado de aceptación ou repulsa social da actividade precista, asi como as implicacións económicas dos seus efectos ambientais.

Unha vez superados os trámites anteriores o proxecto de sectorización ainda deberá ser remitido para consultas pola:

Dirección Xeral de Conservación da Natureza para que estude a compatibilidade do proxecto coa protección de habitats naturais e coa conservación das comunidades vexetais e animais.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, respeito da afeccións do proxecto ao patrimonio e proposta de medidas protectoras ou correctoras.

Augas de Galiza, no que respecta a potencial afección a cursos fluviais, sistemas de drenaxe e tratamento de augas, proposta de medidas protectoras e/ou correctoras, asi como o plano de vixiancia.

Asi mesmo o Concello deberá emitir informe en relación as súas competencias en materia ambiental.

Esta información ven a corroborar as nosas sospeitas de que o secretismo político e a celeridade coa que o Goberno Local pretendeu tramitar e aprobar este plano de sectorización, obedecian a que unha clara intencionalidade de aprobar un proxecto que ten numerosas eivas urbanísticas.

Ferrol a 25 de outubro de 2006
Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol
--> Leer más...

terça-feira, outubro 17, 2006

Curiosa contradiçom municipal

Umha curiosidade agroma, no medio da notícia de que a Xunta de Galicia, através da Dirección Xeral de Urbanismo, vai informar desfavoravelmente sobre o plano de sectorializaçom. Nom sabemos como se pode ser tam pouco conseqüente, pois desde o Concelho aprova-se o Plano Sectorial que permite a destruçom da Fraga, mas por outra banda solicitam que a Fraga de Menáncaro forme parte do Catálogo Galego de Árbores e Formación Senlleiras e mais contraditório ainda, se o próprio Concelho apresenta a Fraga como umha das rutas turísticas por Ferrol.

Ver para crêr:

http://www.ferrol-concello.es/09_Fraga_Menancaro.pdf

http://www.ferrol-concello.es/rutasporferrol

--> Leer más...

Outra notícia de interesse no Diario de Ferrol [11.10.2006]

Esta notícia foi publicada a passada Quarta-Feira, 11 de Outubro de 2006, no Diario de Ferrol. Desde a Comunidade Menáncaro, indagamos na busca da fonte da notícia, polo que pudemos saber, por duas vias, é que a mesma tem todas as probabilidades de ser certo. O que se di na informaçom que a continuaçom transcrebemos. Mas nom devemos baixar a guarda, pois até que o concelho recalifique a zona da Fraga como Solo Rústico e Espaço Natural Protexido, nom devemos parar no nosso empenho.


Diario de Ferrol, Mércores, 11 de outubro 2006

A Xunta non permitirá construír chalés en Menáncaro

A Dirección Xeral de Urbanismo emitirá nos próximos días un informe desfavorable ao plan de sectorización de Menáncaro, o que podería derivar na paralización dun proxecto promovido por Bros Noroeste Inmobiliaria e aprobado de forma inicial fai un ano pola Xunta de Goberno Local. Aínda que a resolución -a segunda, xa que en febreiro enviouse un primeiro informe negativo- aínda non foi remitida ao Concello, este diario puido saber que os técnicos da Consellería de Política Territorial atoparon unha serie de problemas á hora de dar o visto bo ao plan de sectorización, a través do cal construiríanse nesta zona de Serantes 69 chalés de luxo e un hotel.

REDACCIÓN > FERROL

A pretensión de construír unha urbanización de chalés en Menáncaro complícase cada vez máis. Segundo puido saber este diario, o informe negativo da Dirección Xeral de Urbanismo ao plan de sectorización de Menáncaro, tramitado polo Concello ?aínda que a iniciativa parte dunha empresa? xa está redactado e únicamente restan os últimos trámites previos ao seu envío ao Concello ferrolano.

Atendendo ao contido desta resolución, o Concello non poderá dar o visto bo a un proxecto promovido por Bros Noroeste Inmobiliaria, a través do cal esta constructora pretendía executar en Menáncaro un total de 69 chalés de luxo ?máis as tres vivendas existentes no ámbito do sector? e un hotel.

Consultado respecto diso, o concelleiro de Urbanismo, Guillermo Evia, manifestou que antes de tomar unha decisión definitiva sobre esta intervención ?promovida durante o período en que o "independente" Francisco Pita-Romeu presidía esta área de goberno?, terá que estudar o informe que remita ao Concello a Dirección Xeral de Urbanismo.

Segundo puido saber este diario, no novo informe - o primeiro, tamén desfavorable, foi emitido o pasado 7 de febreiro - non se dan por liquidadas as deficiencias - polo menos, algunhas delas - detectadas entón polos servizos técnicos do organismo dependente da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, de modo que a Xunta volve rexeitar o proxecto constructivo.

Na resolución de febreiro, como se recordará, indicábase, entre outras cuestións, que a delimitación do sector non se axusta ao Plan Xeral, xa que se inclúe unha superficie de chan clasificada como chan rústico xunto á estrada AC-3603 sen que no documento apórtese xustificación algunha. Así mesmo, a Dirección Xeral de Urbanismo aseguraba entón que o plan de sectorización non cumpría a reserva mínima de chan para equipamientos de sistema xeral, á vez que engadía que habería que realizar unha delimitación con máis chan para situar as edificaciones dunha forma diferente, que permitise preservar a carballeira e o contorno do río.

Desde que se fixo público este proxecto, afectados por esta intervención, grupos ecologistas e algúns partidos, entre outros cidadáns, fixeron pública a súa oposición ao mesmo. Neste sentido, desde a Comunidade Menáncaro relacionouse a Juan Fernández (IF) con parte dos terreos.
--> Leer más...