Sítio na rede para denunciar o projecto de urbanizaçom que pretende borrar do mapa umha das poucas fragas de espécies autóctonas que há em Ferrol
correio-e: menancaro@gmail.com

segunda-feira, fevereiro 26, 2007

Peden a retirada de competências do Tenente de Alcalde e a investigaçom do assunto por parte da Fiscalia

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de febrero de 2007 13:15
Asunto: Piden a retirada de competencias do Tenente de Alcalde e a investigación do asunto por parte da Fiscalía

Menáncaro: Esquerda Unida-IU de Ferrol pide a retirada de competencias do Tenente de Alcalde e a investigación do asunto por parte da Fiscalía

Ante as noticias aparecidas esta fin de semana en relación cos vínculos do Primeiro Tenente de Alcalde, Juan Fernández, coa promoción dunha urbanización na zona de Menáncaro (Serantes), Esquerda Unida-IU de Ferrol considera necesario que o Alcalde de Ferrol debe tomar cartas no asunto e apartar das súas responsabilidades de goberno ao Tenente de Alcalde e Voceiro de IF, en tanto non sexan clarificadas estas relacións.

Como se lembrará as ditas noticias relacionan xan non só ao Tenente de Alcalde coa promoción da urbanización senón que van máis alá ao existir un compromiso, segundo estes medios, coa modificación dun vial. Se isto é así, non estamos a falar dunha cuestión totalmente lícita, a de que un cargo público venda o seu patrimonio, senón da utilización do seu cargo para posibilitar ou facilitar os intereses dunha empresa sobre os públicos. Polo que procede abrir unha investigación por parte da Fiscalía para determinar se o procedemento e os vínculos do Sr. Fernández coa promoción están axustados á legalidade ou non.

Para Esquerda Unida-IU de Ferrol por transparencia democrática e para evitar comentarios, infundios ou males maiores, o Alcalde de Ferrol do mesmo modo que quitou as competencias de goberno a outro membro desta formación política, ao anterior Concelleiro de Urbanismo, debe actuar con urxencia e proceder a retirarlle ao Tenente de Alcalde as competencias de goberno en tanto non se clarifique a actuación e intervención do Sr. Fernández na urbanización de Menáncaro.

Esquerda Unida-IU de Ferrol considera que de facerse a urbanización de Menáncaro estaríamos ante un atentado a unha das escasas fragas existentes no noso Concello, como o ven demostrando nas súa participación nos distintos actos de carácter reivindicativo convocados. Ademais queremos salientar, por un lado, a incongruencia da modificación puntual do PXOM coa proposta de inclusión no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia e, por outro, que a calificación actual do solo que posibilitaría, de cumprir todos os requisitos legais, propúxose e aprobouse durante o anterior mandato BNG-PSdG-PSOE.

O que está claro, segundo a documentación que obra no expediente sobre a modificación puntual para a promoción de 69 chalés de luxo e un hotel, é que conta con informes negativos da Xunta de Galicia e, polo tanto, na nosa opinión non cabe acudir ao silencio administrativo para aprobar a dita modificación pois a figura do silencio non pode amparar actuacións irregulares.

Así pois, esixímoslle ao Alcalde de Ferrol que tome cartas no asunto apartando do goberno ao Primeiro Tenente de Alcalde, en tanto non se clarifique a situación, e instando á Fiscalía a que proceda á apertura dunha investigación para depurar, no caso de existir, as responsabilidades penais que houbera.

Ferrol, 26 de febreiro de 2007

Esquerda Unida-IU de Ferrol
--> Leer más...

domingo, fevereiro 25, 2007

O jornal La Opinión de A Coruña, continua informando sobre a Fraga de Menáncaro, o Alcalde pedirá informe ao Secretario Geral do Concelho

Onte, este memo jornal, publicava umha reportagem sobre a Fraga e as implicaçons do Tenente Alcalde em todo este assunto. Hoje mesmo também o Diario de Ferrol, publica toda umha reportagem de très páginas sobre o assunto, que já temos reproduzido num anterior post. E por último, agora, pola importáncia da notícia, seguemos transcrevemdo, as notícias que se producem neste Blog, co ánimo de recopilar todo o que se está a publicar sobre o assunto da Fraga, pois desde a Comunidade Menáncaro, vemos com preocupaçom todo o que está acontecendo neste assunto. A proximidade das eleiçons municipais previstas para finais de Maio deste ano, podem desvirtuar umha acçom vizinhal e ecologista que o único que persegue é a proteçom da Carvalheira e todo o contorno natural que forma a Fraga de Menáncaro, polo que imos demandar de todos os partidos políticos que agora estám na oposiçom, e que nom figérom a correspondente autocrítica pola sua actuaçom quando estavam governando, que asumam o compromisso de, no caso de acadar o poder municipal, proponher a recalificaçom do solo da Fraga, como solo rústico no PXOM, e o da proteçom do habitat de todo o contorno natural, de mais de 10 ha, gestionando a declaraçom da Fraga como Espaço Local de Interesse Natural.


La Opinión de A Coruña

Domingo, 25 de febreiro de 2007
FERROL

O CONCELLO AFIRMA QUE OS ESTUDOS DESFAVORABLES DA XUNTA PRESENTÁRONSE FÓRA DE PRAZO
Un informe do secretario determinará a legalidad do proxecto de Menáncaro
O tenente de alcalde acordou coa promotora a venda das súas parcelas se se constrúe a urbanización. Juan Fernández alega que nunca votou nos plenos sobre este asunto.
RUBÉN GARCÍA

O Concello de Ferrol requiriu ao secretario municipal un informe no que evalúe a legalidad ou non do proxecto de urbanización da zona de Menáncaro. O primeiro tenente de alcalde, Juan Fernández, que posúe os terreos afectados de forma conxunta coa Sociedade Agraria de Transformación Agropino, alcanzou un acordo con Bros Noroeste Empresa Inmobiliaria para vender as súas leiras na zona e modificar o trazado dun vial que se proxectou, o que permitiría executar o polígono residencial. Os vendedores xa percibiron da constructora 192.000 euros.

O primeiro tenente de alcalde de Ferrol, Juan Fernández, afirmou onte que ten a "conciencia limpa" tralo pacto que alcanzou con Bros Noroeste Empresa Inmobiliaria para vender uns terreos da zona de Menáncaro. O concelleiro de Independentes por Ferrol (IF) negou o seu implicación no proxecto porque non participou dos acordos plenarios nos que se tratou este asunto. Juan Fernández e a Sociedade Agraria de Transformación Agropino percibiron de Bros Noroeste Empresa Inmobiliaria 192.324 euros pola opción de compra das súas parcelas de Menáncaro. No acordo subscrito entre ambas partes, e rexistrado ante notario en novembro de 2004, indicábase que o vendedor dos terreos "prevé a posibilidade da modificación da achaiadura municipal, respecto do actual trazado dun futuro vial que atravese o ámbito urbanístico das parcelas, e que consiguientemente o trazado do mesmo quede fóra do citado ámbito do conxunto das parcelas". No caso de que non se modifique o proxecto antes de que se aprobe de forma definitiva o plan de sectorización da zona de Menáncaro, Juan Fernández e a Sociedade Agraria de Transformación Agropino, representada por Armando Romero Castrillón, deberán devolver o diñeiro cobrado.

O primeiro tenente de alcalde defendeu a legalidad do proceso. Fernández sostivo que non existe unha vinculación entre devandita opción de compra e o seu cargo na Alcaldía porque nunca participou nas sesións plenarias nas que se alcanzou algún acordo sobre a urbanización de Menáncaro. No entanto, o tamén edil de IF, Francisco Pita-Romeu, na súa etapa como concelleira de Urbanismo, foi o primeiro en achacar que os informes negativos que emitiron as consellerías de Medio Ambiente e Política Territorial eran consecuencia das "presións" de "algún grupo municipal", en referencia ao Bloque.

O Concello, gobernado en coalición por PP e IF, indicou onte que os informes desfavorables da Xunta emitíronse fóra de prazo. Fontes municipais afirmaron que están á espera de que o secretario municipal emita un informe técnico no que determinará se dá o seu visto bo ou non ao plan de sectorización.

Os nacionalistas insistiron onte en que a intención do Goberno local era aprobar este proxecto mediante a vía do silencio administrativo. O Concello asegurou que quen tratou de levar o proceso por esta canle é Bros Noroeste Empresa Inmobiliaria, que presentou "varios" escritos no rexistro municipal nos que solicita a aprobación do proxecto por silencio administrativo.

Tanto o portavoz do BNG de Ferrol, Xoán Xosé Pita, como o candidato do PSOE á Alcaldía, Vicente Irisarri, pediron ao alcalde, Juan Juncal, e a Juan Fernández que dean unha explicación."É algo moi forte, porque se hai un acordo ante notario que inclúe un compromiso do tenente de alcalde para alterar o trazado dunha futura estrada, é algo que non só implica a Juan Fernández, tamén ao goberno", subliñou o portavoz nacionalista. Irisarri cualificou os feitos como "gravísimos".

No acordo subscrito ante notario o 11 de novembro de 2004 pola constructora e os propietarios dos terreos especifícase que as parcelas atópanse en "chan rústico apto para urbanizar", no que se permitiría edificar quince vivendas por cada hectárea. O pagarei que a inmobiliaria entregou aos donos das leiras por unha "prima de opción de compra e pago a deducir do prezo total" era de 192.324 euros. Comprador e vendedor xa fixaron en 159 euros o prezo do metro cadrado edificable trala aprobación definitiva do plan de sectorización. A urbanización proxectada ocupa 50.000 metros cadrados e prevese a construción de 69 chalés e un hotel de luxo.
_______________________________________
Enlace com a noticia original em La Opinión de A Coruña
--> Leer más...

Reportagem do Diario de Ferrol sobre a Fraga de Menáncaro e das implicaçons do Tenente Alcalde do Concelho de Ferrol, Juán Fernández

Se ontes foi o jornal La Opinión de A Coruña, hoje é o Diario de Ferrol, o que publica um extenso informe sobre a Fraga de Menáncaro, demostrando as vinculaçons do Tenente Alcalde do Concelho de Ferrol, Juan José Fernández García, com o projecto de urbanizacçom que conleva o Plano de Sectorización de Menáncaro - Serantes aprovado inicial e provisionalmente pola Xunta de Goberno Local do Concello de Ferrol em 28 de Junho e 4 de Outubro de 2005 respectivamente. Demostrando, esta reportagem, os interesses económicos particulares do regidor municipal com o projecto e un possível delito de prevaricaçom, dado que compromete umha série de actuaçons e modificaçons puntuais do PXOM e de aprovaçom do Plano, que lhe beneficia nos seus interesses económicos particulares.

O nosso organismo popular, a Comunidade Menáncaro, junto com ADEGA, VERDEGAIA e a SGHN, nom é alheo a todas estas denúncias, investigaçons e informaçons, sobre o que estava acontecendo, neste Plano de Sectorización, pois todas as nossas actuaçons, acçons e denúncias tenhem como objectivo a defensa da Fraga de Menáncaro e conquerir a sua recalificaçom de solo no PXOM, como solo ruústico, assim como umha figura de proteçom de Espaço Natural de Interesse Local [Lei 9/2001, do 21 de Agosto, de Conservación da Nartureza] que evite estas situaçons, onde todos os partidos políticos [BNG, IF, PSOE e PP] que estavam na coorporaçom municipal quando se aprovou o PXOM [Dezembro-2000 e Marzo -2001] som responsáveis, ao nom atender as alegaçons vizinhais e ecologistas de proteçom da carvalheira e todo o seu contorno natural, assim como as posteriores solicitudes que sempre fórom desestimadas.


______________________________
Diario de Ferrol
Ferrol | Domingo, 25 de Febreiro de 2007
FERROL

A Xunta emitiu ata tres informes desfavorables ao plan de Menáncaro
O plan de sectorización de Menáncaro, promovido pola empresa Bros Noroeste e aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local, recibiu ata tres informes desfavorables da Xunta. Os dous últimos, de Medio Ambiente e Política Territorial, foron emitidos fóra de prazo.
______________________________
Notícia original no Diario de Ferrol


______________________________
Diario de Ferrol
Ferrol | Domingo, 25 de Febreiro de 2007
FERROL

Unha iniciativa que se traduce na construción de 69 chalés de luxo e un hotel
O plan de sectorización de Menáncaro aprobado inicialmente polo Concello afecta a unha superficie total de 50.774,80 metros cadrados, cunha edificabilidad máxima de 15.854,85 m2. Tal e como se recolle en devandita iniciativa urbanística promovida pola empresa Bros Noroeste, 21.576 metros cadrados destinaranse a uso residencial -3.027 refírense a vivendas, tres xa existentes na actualidade-, que terán unha edificabilidad máxima de 13.673 metros cadrados.

Neste sentido, cabo apuntar que as previsións da constructora pasan por executar un total de 46 vivendas unifamiliares encostadas, pareadas e illadas, cunha superficie media de 220 m2 construídos -10.938,4 metros cadrados edificables-, mentres que o 20% que marca a lei destinarase a vivendas de protección pública -edificabilidad máxima de 2.734,6 m2-. Así, Bros contempla no seu plan de sectorización a ejecución de 23 unidades incluídas dentro desta modalidade, que terán unha superficie media por vivenda de 118,89 metros cadrados construídos.

Como se recordará, o proxecto tamén inclúe a ejecución dun hotel en bloque illado, con corenta unidades. Este, di o plan, construirase sobre unha parcela de 2.468,90 metros cadrados, cunha edificabilidad máxima de 2.181,85 m2.

Tamén se contempla unha parcela de 2.778,40 metros cadrados para equipamiento. Do total, 684 serán para uso deportivo, 1.000 para docente e 586 para uso social, deixando os 508,40 metros cadrados restantes para o sistema de infraestructuras de servizos técnicos. Para zonas verdes e espazos libres deixaranse 11.258,8 m2, que se repartirán, segundo as previsións do plan de sectorización, entre xardíns de dominio público -5.051,4- e área de xogo -6.207,4 metros cadrados-.

Finalmente, 12.692,70 metros cadrados -aos que hai que restar os 1.607,30 xa existentes- destinaranse á construción de viales. Destes, 1.122,50 responden á ampliación das seccións actuais, mentres que os 9.962,90 restantes afectan a novo viario.

O plan afecta a un total de 16 leiras, das que 12 atópanse localizadas no interior da superficie ordenada, e están cualificadas no Plan Xeral de Ordenación Municipal como chan rústico apto para urbanizar. As catro restantes vense afectadas por ampliación de viales ou conexión con infraestructuras exteriores. A cualificación destas é chan urbano -dous- e rústico apto para urbanizar -outras dúas parcelas-.
______________________________
Notícia original no Diario de Ferrol


______________________________
Diario de Ferrol
Ferrol | Domingo, 25 de Febreiro de 2007
FERROL

A vinculación de Fernández co proxecto
A pretendida urbanización de Menáncaro por parte da empresa Bros Inmobiliaria está envolvida na polémica desde fai máis dun ano, cando saltou á palestra, a través dunha denuncia pública formulada por Adega, a presunta titularidad do primeiro tenente de alcalde, Juan Fernández (IF), da maior parcela sobre a que a constructora pretende executar 69 chalés de luxo e un hotel. Este diario accedeu ao expediente do plan de sectorización e a outros documentos do Catastro e Rexistro da Propiedade para demostrar estas teses.
______________________________
Notícia original no Diario de Ferrol


______________________________
Diario de Ferrol
Ferrol | Domingo, 25 de Febreiro de 2007
FERROL

Piden a Juncal que explique a relación do seu socio con Menáncaro
A vinculación do primeiro tenente de alcalde, Juan Fernández, co proxecto de Menáncaro e a titularidad dos terreos foi denunciada xa en varias ocasións. Onte, o concelleiro do Bloque Nacionalista Galego Xoán Xosé Pita pediu explicacións públicas ao alcalde, Juan Juncal.

REDACCIÓN > FERROL

O candidato a alcalde polo BNG reclamou ao regidor municipal que explique se o seu socio de goberno cobrou un pagarei de 192.000 euros da empresa Bros Inmobiliaria, a responsable do proxecto de urbanización de luxo na fraga de Menáncaro e se a opción de compra inclúe o compromiso do vendedor, Juan Fernández, de promover a modificación do trazado dun vial que en principio estaba previsto que atravesase unha das parcelas obxecto de actuación.

Para Xoán Xosé Pita, de confirmarse este caso, "Juncal ten moito que dicir, porque é ou seu socio de goberno". En declaracións a Europa Press, o candidato a alcalde nacionalista indica que "é algo moi forte, porque se hai un acordo ante notario que inclúe un compromiso do tenente de alcalde para alterar ou trazado dunha futura estrada, é algo que non só implica a Juan Fernández, senón tamén ao goberno en xeral".

O edil do Bloque asegurou que a formación política á que representa realizará un seguimiento exhaustivo do proxecto de urbanización en Menáncaro -que xa rexeitou públicamente-e fixo mención tamén aos informes desfavorables emitidos por organismos da Xunta, que poñen de manifesto, ao seu xuízo, a existencia de deficiencias na elaboración do proxecto.

Xoán Xosé Pita considera que non sería lóxico pretender aprobar o proxecto pola vía de silencio administrativo -os dictames da Xunta foron emitidos fóra de prazo- por entender que "esta posibilidade non cabe ante un organismo de superior xerarquía".

"Parece que as cousas non se fan coa transparencia que cabería esperar", concluíu o que será cabeza de lista do Bloque.
______________________________
Notícia original no Diario de Ferrol

--> Leer más...

Fraga de menáncaro: Juan Fernández prometeu modificar un vial ao comprador das súas parcelas

Polo seu interese, transcrebemos unha reportaxen de José Manuel Gutiérrez que pública hoxe o xornal La Opinión de A Coruña, sobre os intereses do tenente Alcalde Ferrol Juan José Fernández García, no Plano de Sectorización de Menáncaro-Serantes, onde desde o goberno municipal, apoian a construción dunha urnanización de 69 chalés e un complexo hoteleiro numha das fragas mais importatantes e singulares do concello de Ferrol. Urbanización promovida pola entidade mercantil de Compostela Bros Noroeste Empresa Inmobiliaria S.L., que ven da mán do cabeza visíbel do grupo Independentes de Ferrol, co apoio de todo o seu grupo.

Desde as filas veciñais e ecoloxistas, veñen loitando pola defensa da Carvalleira e toda a Fraga desde hai moitos anos e en especial desde que se aprobou inicialmente o Plano de Sectorización, en xuño de 2005.

La Opinión de A Coruña
Sábado, 24 de febreiro de 2007

FERROL
O TENENTE DE ALCALDE RECIBIU 192.000 EUROS A CONTA POLA súa PROPIEDADE EN MENÁNCARO

Juan Fernández prometeu modificar un vial ao comprador das súas parcelas

O acordo asinado ante notario inclúe o compromiso do concelleiro para alterar o trazado dunha futura estrada, de forma que non atravesase o terreo da urbanización prevista.
JOSÉ MANUEL GUTIÉRREZ

José Manuel Gutiérrez. Ferrol

O primeiro tenente de alcalde de Ferrol, Juan Fernández, acordou coa empresa Bros Noroeste Empresa Inmobiliaria a modificación do trazado dunha estrada proxectada na zona de Menáncaro, co fin de permitir a urbanización proxectada neste lugar sobre 50.000 metros cadrados de terreos que posúe de forma conxunta coa Sociedade Agraria de Transformación Agropino, representada por Amando Romeu Castrillón.

O BNG denunciou nos últimos días que o Goberno local pretende aprobar este proxecto mediante a vía do silencio administrativo, pese a que ten no seu contra dous informes desfavorables elaborados polas consellerías de Medio Ambiente e de Política Territorial, que consideran que esta iniciativa incumple a normativa autonómica.

Os propietarios cobraron xa a metade do importe das leiras da zona de Menáncaro onde Bros Noroeste Empresa Inmobiliaria proxecta a construción dunha urbanización de chalés e un hotel que conta con informes negativos da Xunta. Fernández e Romeu percibiron 192.324 euros en concepto dunha opción de compra que foi desvelada xa en 2005 pola OPINIÓN. Os propietarios recibirán unha cantidade similar unha vez que se aprobe o plan de sectorización para os terreos, que están clasificados como chan urbanizable non delimitado, no que é necesario xustificar a necesidade dunha promoción inmobiliaria.

No acordo entre as partes, asinado ante notario, o vendedor dos terreos "prevé a posibilidade da modificación da achaiadura municipal, respecto do actual trazado dun futuro vial que atravese o ámbito urbanístico das leiras, e que consiguientemente o trazado do mesmo quede fose do citado ámbito do conxunto das leiras". No texto indícase que se esta variación da normativa urbanística non se efectuase antes da aprobación definitiva do plan de sectorización, "ambas partes están de acordo coa resolución do presente contrato de compraventa, coa obrigación para o vendedor de devolver a cantidade recibida".

Ademais de ocupar a primeira tenencia de alcaldía do Concello, Juan Fernández é xefe de filas do entón concelleiro de Urbanismo, Francisco Pita-Romeu, quen achacó o primeiro informe negativo da Xunta sobre este proxecto ás "presións que algún grupo municipal recoñeceu públicamente en relación con este expediente", en alusión ao BNG.

O último pronunciamiento da administración autonómica produciuse o pasado mes de decembro por parte da Dirección Xeral de Urbanismo, que reitera as deficiencias sinaladas no informe realizado en febreiro de 2006, momento no que esixiu ao Concello de Ferrol a corrección das deficiencias apreciadas no proxecto.

Valor natural

A urbanización de Menáncaro levarase a cabo sobre unha superficie que os colectivos ecologistas consideran de gran valor natural, xa que se trata dun dos últimos bosques autóctonos de Ferrolterra, no que se achan especies vegetales e animais de gran interese. Bros Noroeste Empresa Inmobiliaria xustificou a necesidade de urbanizar estes terreos pola "vocación residencial" de Ferrol, pese a que o municipio sufriu unha caída continua da súa poboación nos últimos dez anos. Os colectivos opostos a esta iniciativa sinalan que tampouco pode argumentarse a inexistencia de superficie urbanizable en Ferrol, xa que o Concello autorizou xa a construción de máis de 3.000 vivendas en zonas como Ou Bertón, Santa Mariña, Canido e Ou Boial.

Ao coñecerse a existencia da opción de compra sobre os terreos de Menáncaro, o primeiro tenente de alcalde e líder de Independentes por Ferrol declarou que adquiriu unha superficie de 60 hectáreas nesta zona no ano 1978 xunto co resto dos directivos do club de baloncesto OAR Ferrol. O obxectivo, segundo Juan Fernández, era construír neste lugar un pabellón de deportes e promover unha cooperativa de vivendas, proxecto que non se materializou ao non recibir a autorización municipal.

Ante este revés, Fernández asegura que ofreceu os terreos ao Concello de forma gratuita, pero que o Goberno local rexeitounos. Bros Noroeste ofertou no ano 2003 ao concelleiro e á sociedade Agropino, a adquisición desta superficie, da que o político ferrolano é propietario da metade, mediante unha opción de compra condicionada a que se recibise a autorización administrativa para a urbanización.

Para, Juan Fernández, "non hai nada que ocultar" sobre este proxecto e o seu tramitación no Concello, xa que asegura que todos os acordos adoptados pola Corporación achega da urbanización de Menáncaro "foron aprobados por unanimidad e sen a miña presenza".

O tenente de alcalde consideraba que en 2005 os terreos xa non eran da súa propiedade, pese a que a venda non se había formalizado.

Cando se lle pediron explicacións achega da súa ausencia das sesións municipais nas que se abordou esta actuación unha vez efectuada esa suposta transacción, Juan Fernández únicamente contestou: "Eu fago o que me dá a gana, non o que me diga vostede".

A opción de compra prevé construír quince vivendas por cada hectárea

O acordo subscrito entre Bros Noroeste Empresa Inmobiliaria, Juan Fernández García e Amando Romeu Castrillón foi rexistrado en Santiago o 11 de novembro de 2004 polo notario Carlos da Torre Deza. No documento detállanse a superficie das leiras e as cargas coas que están gravadas, así como que os seus propietarios afirman que se tratan de "chan rústico apto para urbanizar", cun aprovechamiento urbanístico que permitiría construír quince vivendas por cada hectárea.

Nese mesmo día, a inmobiliaria entregou aos propietarios un pagarei por valor de 192.324 euros, en concepto de "curmá de opción de compra e pago a deducir do prezo total". Ambas partes fixaron un prezo de venda de 159 euros por cada metro cadrado que resulte edificable tralo plan de sectorización, tras cuxa aprobación #establecer+se un prazo de dous meses para a formalización da escritura pública de compraventa e abonarase "o importe necesario para completar o 50% do prezo total resultante", para o que haberá de coñecerse a edificabilidad adxudicada aos terreos.

No acordo subscríbese o compromiso de presentar o plan de sectorización nun periodo máximo de tres meses e de que os propietarios levantasen as cargas que pesaban sobre as leiras. Tamén se establece un prazo de tres meses para a presentación pola inmobiliaria do plan de reparcelación se non fose necesaria a constitución dunha xunta de compensación, mentres que se este órgano fose exixible, deberá presentar os seus estatutos en dous meses.

Outro asunto que aparece recollido no documento é a posibilidade de que se produza unha modificación do plan urbanístico municipal polo trazado dunha estrada que atravesaría estes terreos.
__________________________________________

Noticia orixinal no xornal La Opinión de A Coruña
__________________________________________
--> Leer más...

sábado, fevereiro 24, 2007

Contra as manobras especulativas do PP e IF: protecçom para a carvalheira de Menáncaro

De: Nosup-trasancos -nosup-trasancos@nosgaliza.org-
Para: Plataforma Artabra 21 A Plaraforma da Costa Artabra, Ortegal e Eume" -artabra21@gmail.com-
Data: 24 de febreiro de 2007 18:11
Asunto: Contra as manobras especulativas do PP e IF: protecçom para a carvalheira de Menáncaro

NÓS-Unidade Popular tem já manifestado o seu rejeitamento aos planos da direita espanhola governante em Ferrol para um dos últimos restos boscosos do nosso concelho: a fraga de Menáncaro. Por iniciativa de Juan Fernández, vice-presidente da Cámara Municipal, um espaço de grande valor ecológico e paisagístico é ameaçado pola construçom de umha urbanizaçom de casas de luxo que engrossará, directamente, a conta particular do líder de Independentes de Ferrol, proprietário de 60 hectares dessa carvalheira.

De facto, diversos meios confirmárom que Juan Fernández tem já um acordo assinado com a empresa Bros Noroeste Empresa Inmobiliaria, polo qual essa firma entregou 192.324 euros a Fernández e ao também vereador de IF Francisco Pita-Romero, em conceito de opçom de venda e que compromete os políticos a desviar a nova estrada prevista na zona para que nom atravesse a futura urbanizaçom. O acordo assinado garante umha quantidade similar umha vez aprovado o Plano de sectorializaçom para os terrenos, que estabelecerá que a urbanizaçom pode ser construída onde até hoje subsiste a maior fraga autóctone do concelho de Ferrol.

Estamos diante de umha prova clara e concreta dos interesses que subjazem na estratégia da política urbanística do PP e IF, que nom se limita a Menáncaro. A construçom de um grande edifício em plena Porta Nova, a construçom de 3.000 apartamentos e centros comerciais em terrenos do Bertom, Santa Marinha, Canido e o Boial, umha irracional infraestrutura desportiva privada na praça pública de Sartanha... todo fai parte do assalto da direita espanhola e o sector da construçom aos nossos espaços públicos, sem importar-se com o valor ambiental, patrimonial ou de utilidade pública das zonas ameaçadas.

O enriquecimento pessoal de políticos concretos, com nomes e apelidos, e cuja trajectória de corruptelas é bem conhecida, junto aos interesses de empresas construtoras que financiam os partidos que nos governam explica a grave situaçom do urbanismo no nosso concelho. Só a firme resposta do movimento vicinal e popular, que NÓS-UP apoia sem reservas, poderá parar os pés à especulaçom e à corrupçom. A defesa dos interesses da maioria social é hoje mais imprescindível do que nunca.

Especuladores e corruptos, fora do concelho!

Continuemos mobilizando-nos em defesa dos espaços públicos!

Salvemos a fraga de Menáncaro!

Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular em Trasancos

24 de Fevereiro de 2007
--> Leer más...

quarta-feira, fevereiro 21, 2007

O BNG afirma que a urbanización de Menáncaro incumpre a Lei do Solo de Galiza

De: BNG FERROLTERRA -ferrol@bng-galiza.org-
Data: 20 de Fevereiro de 2007 17:10
Para: menancaro@gmail.com
Asunto: A urbanización de Menáncaro incumpre a Lei do Solo de Galiza


O BNG afirma que a urbanización de Menáncaro incumpre a Lei do Solo de Galiza

O Consello Local do BNG quer manifestar unha vez máis o seu total rexeitamento a iniciativa para a construcción de chalets de luxo e un Hotel na centenaria Fraga de Menáncaro por ser este un proxecto traerá aparellado a destrucción deste enclave natural.

Para o BNG a pretensión do Goberno Local de continuar coa tramitación deste proxecto aplicandolle ao mesmo o silencio administrativo non é posíbel posto que o mesmo incumpre a Lei do Solo de Galiza como acreditan os informes contrarios emitidos pola Conselleria de Medio Ambiente e pola Consellería de Política Territorial. Asi mesmo, cumpre salientar que este último informe, o da Dirección Xeral de Urbanismo, datado en decembro de 2006 é para este proxecto preceptivo e vinculante tal e como recolle o artigo 86.1.d da Lei do Solo.

Temos que lembrarlle ao Goberno Municipal de Ferrol que para poder aplicar o silencio administrativo a este proxecto este non pode conter determinacións contrarias à Lei, aos planos de superior xerarquia ou às directrices de ordenación do territorio de Galiza, como estabelece o artigo 90.3 da Lei do Solo. O Plano de sectorización incumpre a Lei deixou manifestamente claro a Dirección Xeral de Urbanismo.

O BNG exíxelle ao alcalde da cidade Juan Juncal a máxima transparencia neste proxecto xa que o mesmo favorece de forma directa ao primeiro Tenente de Alcalde do goberno local propietario de cerca do 75% dos terreos nos que se pretende edificar esta urbanización e que lle pode reportar ao mencionado edil pingües beneficios económicos.

Para o BNG a atitude do Goberno que preside Juan Juncal é incoerente non se pode promover a inclusión da Fraga de Menáncaro no catálogo de árbores Senlleiras de Galiza e ao mesmo tempo promover unha urbanización que vai destruir esta carballeira.

Ferrol a 20 de febreiro de 2006
Bloque Nacionalista Galego; Consello Local de Ferrol
--> Leer más...

Verdegaia alerta da aprobación definitiva do Plan de Sectorización de Menáncaro

Venres, 16 de Febreiro do 2007

A pesares de que o Plan de Sectorización conta con varios informes desfavorábeis da Xunta de Galicia; dous da Dirección Xeral de Urbanismo e un da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, preténdese, dende o Concello de Ferrol, aprobar definitivamente o proxecto urbanizador de Menáncaro acolléndose á figura do silencio administrativo por terse emitido ditos informes fóra do prazo legalmente estipulado.

A Carballeira de Menáncaro (Serantes) continua seriamente ameazada pola execución do “Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes” nesa zona. A (sin)razón: construción de setenta chaletes e un hotel no mesmo corazón da fraga.

De acordo coa documentación que obra no expediente, a empresa promotora do Plan de Sectorización, a inmobiliaria Bros Noroeste, S.L., solicitou en varias ocasións ao Concello de Ferrol que certificase a aprobación definitiva de dito plan e a publicase no D.O.G e no B.O.P por entender que o proxecto de Menáncaro ficou aprobado definitivamente por silencio administrativo, dado que, ao parecer, os informes preceptivos da Xunta de Galicia foron emitidos fóra do prazo estipulado por Lei. No mesmo senso exprésase o Oficial Maior do Concello a través dun informe suscrito por este, polo que existe a posibilidade de que a aprobación definitiva do plan urbanizador de Menáncaro se efectue oficialmente en sesión plenaria ou simplemente mediante a súa publicación no D.O.G. e no B.O.P. antes das elecións municipais.

Mais, o que non dí a empresa inmobiliaria Bros Noroeste S.L. nen o Oficial Maior do Concello é que, de acordo co apartado 2 do artigo 90 da Lei 9/2002 (modificada pola Lei 15/2004), o Plan de Sectorización ficaría aprobado definitivamente sempre e cando “... se obtivesen os informes preceptivos en sentido favorable”, lembrando que o devandito plan conta con tres informes desfavorébeis. Tampouco din que o apartado 3 do mesmo artigo dispón que “Non se aplicará o silencio administrativo estimatorio cando os plans ou instrumentos contivesen determinacións contrarias á Lei, ós plans de superior xerarquía ou ás directrices de ordenación do territorio de Galicia”, lembrando tamén que o Plan de Sectorización de Menáncaro contén numerosas irregularidades; parte das cales reflíctense nos devanditos informes desfavorabeis da Xunta de Galicia. Por conseguinte, o silencio administrativo quedaría sen efecto neste caso e, polo tanto, a aprobación definitiva do Plan de Sectorización por parte do Concello de Ferrol resultaría nula de Pleno Dereito.

Por outra banda, o feito de que se pretenda levar a cabo o proxecto urbanístico en Menáncaro colisiona frontalmente coa petición efectuada polo Concello de Ferrol ante a Consellería de Medio Ambiente para que a Carballeira de Menáncaro se inclúa no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.

Núcleo de Ferrol VERDEGAIA
http://www.verdegaia.org/
--> Leer más...