Sítio na rede para denunciar o projecto de urbanizaçom que pretende borrar do mapa umha das poucas fragas de espécies autóctonas que há em Ferrol
correio-e: menancaro@gmail.com

domingo, novembro 20, 2005

Conservemos a Carvalheira de Menáncaro

CONSERVEMOS A CARVALLEIRA DE MENÁNCARO
EVITEMOS A SÚA URBANIZACIÓN


Sabías que as fragas son un dos ecosistemas forestais de maior riqueza botánica e faunística que temos na Galiza e que, debido ao seu esquilme secular, na actualidade só ocupan o 12,5 % da superficie galega?.

Sabías que, debido ás talas indiscriminadas, eucaliptización de montes e vales, proxectos urbanísticos e industriais, infraestructuras, etc. As fragas desapareceron prácticamente do Concello de Ferrol e da bisbarra?.

Sabías que as derradeiras representacións deste tipo de formacións boscosas localízanse hoxe en día nas parroquias ferrolás de Serantes (Fraga de Menáncaro), A Graña (Fraga de Monte Fontelo), Leixa (Fragas da Pega e de Casa do Monte) e Covas (Acivreiral das Forxas)?.

Sabías que, apesares da súa escaseza, importancia ecolóxica e cultural, estas masas arbóreas carecen de proteción legal no municipio ferrolán?.

Sabías que a carvalleira que integra a Fraga de Menáncaro, na que existen carvallos centenarios, va¡ destruirse pola construcción dunha urbanización ("Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes")?.

Sabías que un dos proprietarios desta carvalleira é o Sr. Juan Fernández García, Teniente de Alcalde do Concello de Ferrol, posuindo a parcela de maior superficie?.

Sabías que, tanto o Governo local (PP-1F) como a oposición (PSOE, BNG e IU) non fixeron, nen fan, absolutamente nada para evitar a extinción destas masas arbóreas autóctonas no municipio ferrolán?.

Sabías que desde o ano 2001 vense reivindicando a conservación das devanditas fragas e que tanto o Governo local anterior (BNG-PSOE) como o actual (PP-1F) amosaron nulo interese por esta demanda?.

Ah!, non o sabías?. A que esperas entón!. Móvete xál. Colabora con ADEGA na defensa deste patrimonio forestal, antes de que sexa demasiado tarde (adegatrasancos@eresmas.com Tf. 616039268).

Nenhum comentário: