Sítio na rede para denunciar o projecto de urbanizaçom que pretende borrar do mapa umha das poucas fragas de espécies autóctonas que há em Ferrol
correio-e: menancaro@gmail.com

sexta-feira, fevereiro 03, 2006

Unha nova marcha reivindicativa e cultural na Fraga de Menáncaro

O vindeiro domingo día 5.2.06 ás 11 hs realizarase unha nova marcha reivindicativa e cultural na Fraga de Menáncaro (Ferrol) convocada por ADEGA, Fundaçon Artabria, Sociedade Galega de Historia Natural, a Asociación Cultural Picos do Sol, xunto coa colaboración de veciñanza da zona, particulares, etc. Como saben, dita fraga de bosque autóctono galego, que se atopa incluída dentro do Catálogo de bens protexidos no PXOM de Ferrol e probablemente a mellor fraga de carballos de Ferrol está ameaza por un proxecto urbanístico consistente na construcción de 72 chalets e un hotel nesa zona con un dano potencial irreparable en devandita fraga.

O punto de saída da marcha será, como noutras ocasións, na confluencia da estrada de Ferrol a Covas, á altura da desviación da estrada cara á ermida de Chamorro. A hora será ás 11 hs. Realizarase unha marcha cara ao interior da fraga, posteriormente irase cara ao río da Sardiña, regresando ao momento de partida. Tamén está previsto, se o tempo permíteo, e especialmente para os máis pequenos, a realización de actividades formativas complementarias (identificación de rastros de animais, especies vegetales, etc.

Para información adicional, aconsellamos consultar a seguinte dirección electrónica:
http://menancaro.blogspot.com
Reciban un cordial saúdo:

Antonio García Jiménez
angaji@yahoo.com

Ferrol

Nenhum comentário: