Sítio na rede para denunciar o projecto de urbanizaçom que pretende borrar do mapa umha das poucas fragas de espécies autóctonas que há em Ferrol
correio-e: menancaro@gmail.com

quarta-feira, março 01, 2006

Informe da Dirección Xeral de Urbanismo



Notifícolle que o llmo. Sr. Director Xeral de Urbanismo, D. Ramón Saúl Lueje Espina, en virtude das competencias delegadas na Orde do 6 de marzo de 2003 (DOG do 12 de marzo de 2003), emitiu o 06/02/06 o seguinte INFORME:

Expediente: 101A – 05/041
Asunto: PLAN DE SECTORIZACIÓN DO SOLO RÚSTICO APTO PARA URBANIZAR EN MENÁNGARA – SERANTES.
Trámite: Informe previo á aprobación definitiva establecida no artigo 86,1.d) da Le¡ 9/2002.
Concello: FERROL (A CORUÑA)

Vista a documentación remitida poto Concello de Ferrol que tivo entrada no rexistro da Conselleria de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes en data 8 de novembro de 2005, e os informes emitidos, en virtude do dísposto no artigo 86.1.d) da Le¡ 9/2002, de ordenación urbanística e protección de medio rural de Galicia, modificada pola Le¡ 15/2004, emítese o seguinte INFORME:

I-ANTECEDENTES E TRAMITAClÓN

I.1.- O planeamento vixente no Concello de Ferrol, é un Plan xeral de ordenación municipal aprobado definitivamente en data 28 de decembro de 2000 ao abeiro da Leí 1/97, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Posteriormente, por Orde do Conselleiro, de data 25 de maio de 2005, aprobase definitivamente unha modificación puntual do plan xeral pola que se altera o trazado dun viario de sistema xeral desplazandoa fora do ámbito do SRAU que agora preténdese desenvolver.

I.2.- O plan de sectorización foi aprobado inicialmente pola : Xunta de Goberno Local o 28/06/2005. Sometida a información pública (DOG do 22/07/2005. BOP do 31/08/2005, e La Voz de Galicia e El Diario de Ferrol do dia 19/07/2005, foron presentadas un total de nove (9) alegacións segundo se indica no certificado da Secretaria Xeral do Concello de data 26/08/2005 incluido para o efecto no expediente.

O plan de sectorización foi aprobado provisionalmente pala Xunta de Goberno local en sesión de data 4/10/2005, previos informes favorables do enxeñeira técnico industrial da Concelio de data 3/10/2005, e da Oficial Maior e o Arquitecto municipal asinada tamén en data 3/10/2005.

l.3.- Constan no expediente os seguintes informes:

• EMAFESA (empresa concesionaria de augas de Ferrol) de data 10/02/2005, no que se sinalan unhas matízacións respecto das redes de subministro e saneamento de auga. Deputación Provincial da Coruña. Servicio de Vias e Obras Provinciais, de data 12/09/2005 no que, se ben non pon obxección ó plan de sectorización, sínala expresamente que deberíase estudiar mais a intersección do camiño publico coa CP-3601 de acceso á Hermita de Chamorro, dada a reducida visibilidade da mesma.

• Consellería de Medio Ambiente - Augas de Galicia, de data 21/09/2005 emitida en sentido favorable. Respecto deste informe obsérvase que no mesmo se indica que o ámbito de actuación atópase a unha distancia media do rego dos Corgos ou Aneíros, superior a 100 m, non obstante no documento presentado o ámbito do plan de sectorización proposto ocupa a zona de policía de 100 m oscilando a distancia entre as 95 m no extremo norte e os 30 m na zona mais próxima an rego no sur).

Non consta no expediente o informe da Consellería de Medio Ambiente -- Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental que foi solicitado palo Concello en data 28/07/2005. Asemade non constan os informes das compañías subministradoras a excepción da xa sinalada EMAFESA, nin consta documentación algunha que acredite a súa solicítude.

II-DESCRICIÓN DO PROXECTO

ll.1.- O plan de sectorización obxeto do presente informe ven redactado e asinado en data setembro de 2005 polo arquitecto Vicente Fernández-Couto Gómez. Asemade inclue un estudio de impacto ambiental redactado en data xaneiro de 2005, pala empresa Ambiotec.

II.2.- A proposta pretende o desenvolvemento urbanístico dunha superficie de 48.045 m2 clasificados polo plan xeral como solo rústico apto para urbanizar tipa A, coa finalidade de posibilitar a construcción dun total de 13.673'00 m2 de uso residencial (72 vivendas unifamiliares ) e 2.181'85 m2 de uso hoteleiro. As 72 vivendas repártense en 46 vivs. Libres, 23 vivs. de protección pública e 3 vivs, existentes actualmente no ámbito do sector.

0 artigo 149 do PXOM establece para as áreas tipo A, como uso global o residencial considerándose compatibles os usos dotacionais e terciarios; asemade establece unha edificabilidade máxima de 0'33 m2/m2 unha densidade máxima de 15 vvs/Ha , fixando como unidade elemental a de 45 vivendas polo que a superficie mínima de actuación é 3 Ha. Prevee unha adscripción de solo de sistema xeral nunha proporción non inferior a 30 m2 por vivenda equivalente, dos que polo menas 20 m2 por viv equivalente pertenecerán ó sistema xeral de espacios libres destinados a parques e xardíns e, establece que na área tipo A de Menáncara a disposición das reservas de espacios libres actuarán como áreas de protección do contorno do leito do rego e das masas de caducifolías, producíndo unha análise de pormenor das aterramentos posibles.

III – OBSERVACIÓNS

III.1.- Delimitación da sector.-

A delimitación do sector non se axusta ó plan xeral toda vez que inclue unha superficie de solo clasificada como solo rústico a carón da estrada AC-3603 sen que no documento se aporte xustificación algunha.

Asemade deberá corrixirse a delimitación do sector pois inclue no seu ámbito unha parte da estrada a Pazos, así como o vial de enlace da CP-3603 coa estrada a Pazos que xa existen, debendo excluirse.

Respecto deste tema tamén deberá corrixirse a área de reparto pois somentes se poderá incluir o sola necesario para a ampliación e reforzo das sistemas xerais, pero non así o dos sistemas xerais existentes e que se manteñan.

III.2.- Conexión infraestructuras e inserción no territorio.-

O plan de sectorízación deberá xustifícar a capacidade das ínfraestructuras existentes e no caso de que estas non sexan suficientes prever o séu reforzo, en concreto polo que respeta ó sistema viario, o plan de sectorización proxecta a principal via estructurante do sector resolta en fondo de saco, e o viario de sistema local existente, que vai conectar o sector cos sistemas xerais do plan xeral, ten unha sección viaria moi inferior á da propia via interior do sector. En consecuencia deberá xustificarse a capacidade da via de conexión do sector cos sistema xerais, e no séu caso, prever o seu reforzo con cargo o plan de sectorización.

III.3.- Ordenación e zonificación.-

O plan de sectorización incumple a artigo 149 do plan xeral que di: "..na área tipo A de Menáncara a disposición das reservas de espacios libres actuarán como áreas de protección do contorna do leito do rego e das masas de caducífialias, producinda unha aná¡ise de pormenor dos aterramentos posibles.''

A ordenación proposta parte da intención de conservar unha carballeira que se atopa alonxada do rego, a unha cota mais elevada, e que ten uns valores medioambientaís indiscutibles e fora de toda dúbida, polo que a zona na que ia se propón a edificación precisamente a que está mais preto do rego íncumpríndose o disposto no art.149 do plan xeral. A ordenación do plan de sectorización, ven forzada como consecuencia dunha delimitación, qué: se ben cumpre o parámetro mínimo de 3Ha, establecido no plan xeral, constitué un ámbito excesivamente pequeño no que non se ten posibilidade de movemento para ubicar a edificación sendo imposible dar cumprimento ao resto das candicións que para este solo rústico apto para urbanizar se establecen no plan xeral. Cunha delimitación que abargue mais solo sería posible ubicar as edificacións dun xeito diferente de modo que se poiderá conservar a carballeira e, o tempo, protexer o contorno do rego cumprindo o disposta no plan xeral.

III.4.- Reservas e dotacións.-

A zonificación proposta non cumpre a reserva mínima de solo para equipamentos de sistema xeral que se establece no artígo 47 da Lei 9/2002, toda vez que para o seu cálculo, somentes computa o solo edificable de uso pormenorizado residencial, cando as reservas establécense na le¡, en base a usos globais, polo que deberá corrixirse o documento, tendo en conta a totalidade da edificabilidade do sector (que ten como uso global o residencial).

Asemade deberá xustificares o cumprimento da reserva de 30 m2/viv equivalente para sistema xeral que establece o plan xeral de Ferrol (dos que como miníno 20 m2 par viv equivalente deben pertenecer ó sistema xeral de espacios libres destinadas a parques e xardíns)

III.5.- Documentación.-

Deberánse achegar os informes das empresas subministradaras e/ou os informes dos servizos técnicos municipais respecto da suficiencia das infraestructuras e dos servizos existentes e previstos . (bótase en falta un plano xeral no que se sinalen cunha minima precisión as infraestructuras e servizos existentes e os puntos de conexión).

Deberá completarse o proxecto coa xustificación do cumplimento da Le¡ 8/1997, do 20 de agosto de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas na Comunidade Autónoma de Galicia. En concreto no que respecta aos itinerarios peonis nas zonas públicas.

Deberáse corrixir o plano da rede de telecornunicacións toda vez que non da servizo á parcela do equipamento docente.

III.6.- Outras cuestións.-

Deberase corrixir o plan de etapas de xeito que queden fixados os plazos para eles dar cumprimentos ós deberes das propietarios, establecendo os plazos dende a aprobación definitiva do plan de sectorización.

Corrixirase o apartado 5.3.- Aproveitamento tipo do sector, toda vez que non é correcto establecer un coeficiente de hamoxeineización igual para usos diferentes (residencial e hoteleiro) e dentro do uso residencial, deberá estudiarse a diferenciación entre vivenda libre e vivenda de protección pública.

Na ordenanza de uso hoteleiro, deberá suprimirse calquera referencia a diferentes parcelas e parcela mínima, toda vez que no plan de sectorización establécese unha única parcela de solo con uso hoteleiro, e calquera nova ordenación suporía unha modificación do plan de sectorización.

III.7.- Tramitación.-

Respecto do informe emitido por Augas de Galicia, obsérvase que nel se indica que o ámbito do plan de sectorización atópase fora dos 100 m de policía de cauces informándose o plan de sectorización en sentido favorable. Toda vez que a plan de sectorización que se somete a informe da Dirección Xeral de Urbanismo ocupa a dita zona de 300 m de policía, considérase que debe ser un documento diferente polo que deberá solicitarse nova informe de Augas de Galicia respecto do plan de sectorización aprobado provisionalmente pola Xunta de Goberno Local en data 4/10/2005.

En consecuencia, emítese informe desfavorable ao plan de sectorización do solo rústico apto para urbanizar en Menáncara-Serantes. O Concello deberá corrixir as deficiencias sinaladas neste informe e logo da tramitación correspondente solicitar novo informe da Dirección Xeral de Urbanismo con anterioridade a súa aprobación definitiva segundo o establecido no artigo 86.1.d) da Le¡ 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004".

O que se lle comunica para o seu coñecemento e fectos oportunos.

Nenhum comentário: